Son / audio / sonido - Problemas

1 reply [Last post]
dib
dib
Offline
Joined: 25, Apr 2012

Olá,

Uso o Trisquel no meu computador dende a versión 3.0., en xeral estou moi satisfeito.

A partir da versión 4.0 experimentei problemas co son: cando quero reproducir algún ficheiro de audio ou vídeo o son sae "a cachos" ou "tatexa", con pequenas e incómodas interrupcións.

Fedellando na rede, despois de discriminar unha chea de consellos doutros foros, conseguín arranxalo. O malo foi que en cada anovación volvín ter o mesmo problema e tiven que procurar novamente a información.

Cando instalei a 5.5 repetiuse a historia. E desta vez xa vou algo canso, ademais de que esquecín onde arranxara o asunto a última vez. Pareceume adecuado expor aquí o problema para servir de axuda a outros usuarios e tamén para poder acudir a este fío no caso de ter que recuperar novamente o son.

Agradezo calquera achega que sirva para arranxar o problema. ;)

dib
dib
Offline
Joined: 25, Apr 2012

Ben, a solución (descoñezo se as hai mellores) foi desinstalar o PulseAudio. Supoño que non ten dificultade para alguén experimentado... para os usuarios que non temos aprofundado no Linux ou tiramos un uso superficial, esta clase de atrancos convértense en verdadeiros retos. ;-)

http://www.ubuntu-guia.com/2010/11/quitar-pulseaudio-reinstalar-alsa.html

Deica outra.