Publicación de Trisquel 2.1

Hoxe publicamos a versión 2.1 de Trisquel GNU/Linux, tanto da edición doméstica coma da educativa e a de empresas. Isto supón un fito en varios sentidos: publícase a primeira versión oficial de Trisquel Edu, as tres pasan a empregar o kernel linux-libre, e incorporan centos de pequenas melloras.

Todas estas novidades poden obterse mediante as actualizacións automáticas, sen necesidade de reinstalar o sistema.

Descargar

Versión 2.1

Inclúe numerosas melloras e actualizacións, entre as que están as seguintes:

Cambios comúns ás tres edicións

  • Kernel linux-libre 2.6.24.22
  • Nova tipografía por defecto
  • Novo corrector de Galego
  • Soporte para VPN
  • Máis de 200 actualizacións e correccións

Trisquel Edu

  • Primeira versión con soporte oficial
  • Novos paquetes educativos
  • Soporte para instalación en rede

Trisquel Pro

  • Abanq 2.3 (32 e 64 bit)
  • Soporte de cliente de Active Directory

Trisquel (edición doméstica)

  • Melloras no soporte de son
AnexoTamaño
trisquel-2.1.jpg64.21 KB