Trisquel é un proxecto sen ánimo de lucro e impulsado pola comunidade, financiado por patrocinadores, publicidade na web, e doacións. Todo o software que ofrece Trisquel é gratuito ao tempo que libre, polo que o proxecto depende da súa comunidade para manterse. Podes axudar dun xeito sinxelo facendo unha pequena doación.
Empregaremos estes fondos en manter os nosos servidores web e de desenvolvemento. Entre os nosos obxectivos a longo prazo tamén está o de poder manter ao equipo principal de desenvolvemento, de xeito que nun futuro se poidan adicar a tempo completo ao proxecto.
Calquera cantidade será unha boa axuda. Se vives en España, podes facer un depósito ou transferencia á nosa conta, de xeito que recibiremos a cantidade completa da doación.
- Banco Santander
- CCC: 0049 6143 81 2210006338
- IBAN: ES70 0049 6143 81 2210006338
- SWIFT: BSCHESMM
Se desexas que a túa doación se mostre de xeito público na web, lembra facer clic na ligazón "volver a Trisquel GNU/Linux" ao final do proceso de pago con Paypal. Se fas un depósito ou transferencia na nosa conta, contacta con nós para que poidamos engadir a túa doación manualmente á lista.