Preguntas frecuentes
- ¿Qué é Trisquel?
- ¿Cómo naceu o proxecto?
- ¿Qué é o Software Libre?
- ¿Baixo qué licencia distribúese Trisquel?
- ¿Contén Trisquel software privativo?
- ¿Cómo podo obter Trisquel? ¿Cuánto custa?
- ¿Cómo podo obter axuda e soporte técnico?
- ¿En qué idioma está Trisquel?
- ¿Qué versión de Trisquel é mellor para min?
- ¿Cómo podo colaborar co proxecto?
Trisquel GNU/Linux é un sistema operativo 100% libre. Contén unha completa coleción de programas, ós que se poden engadir miles deles máis a traveso dun sinxelo instalador gráfico. Existe unha versión doméstica, unha para empresas, e outra para centros educativos.
Trisquel é un proxecto aberto, iniciado pola Universidade de Vigo e desenvolvido por unha comunidade de voluntarios co apoio da Facultade de Ciencias de Ourense, a Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense e empresas coma Sognus. O proxecto xurdiu da necesidade de crear un sistema operativo libre e en galego. A súa presentación oficial foi en abril de 2005 co apadriñamiento de Richard Stallman, fundador da Free Software Foundation.
O software libre, en oposición o privativo, é aquel que respeta os dereitos dos usuarios:
- Executar o programa con cualquera propósito
- Estudiar e modificar o programa (para o cual é preciso poder aceder ó código fonte)
- Copiar o programa de manera que poda axudar ó veciño ou a calquera
- Mellorar o programa e publicar as melloras
Trisquel é un conxunto de paquetes de software libre -baixo os criterios da Free Software Foundation-. Para ler a licencia de cada paquete concreto consulte /usr/share/doc/[nome do programa]/copyright.
O usuario ten dereito a copiar, modificar e redistribuir este software, así coma utilizalo en cualquer número de ordenadores e para calquer propósito.
Trisquel distribúese coa esperanza de que sexa útil, pero SEN NINGUNHA GARANTÍA, incluso sen a garantía MERCANTIL implícita ou sen garantir a CONVENIENCIA PARA UN PROPÓSITO PARTICULAR.
Non, ningún en absoluto. Se atopas algunha peza do sistema que non esté cuberta por unha licencia libre, fáinolo saber e a substituiremos ou retiraremos.
Como nota particular, non se inclúe firmware binario para tarxetas wireless, nin os drivers privativos das tarxetas gráficas de NVIDIA ou ATI.
Só tés que descargalo, é gratis.
Trisquel GNU/Linux inclúe axuda e manuais. Na páxina web hai disponible documentación extra e foros de axuda con listas de correo asociadas.
Se queres contratar soporte técnico para a túa empresa ou centro educativo, o equipo de Sognus -colaborador comercial do proxecto- pode darte a axuda que precisas.
Trisquel naceu en Galicia polo que o seu idioma principal foi orixinalmente o galego, e incluía tamén o castelán e o inglés. Desde la versión 2.0 engadiuse o catalán e o vasco, e na versión 3.0 sumáronse o portugués, francés, hindi e chinés. O idioma predefinido é o inglés, pero pode seleccionarse outro dende o primeiro momento.
O instalador permite seleccionar moitos outros idiomas, que se descargarán e configurarán durante o proceso de instalación. Tamén se pode facer unha vez instalado, mediante menú Trisquel > Sistema > Administración > Soporte de idiomas.
Trisquel conta con varias versións, que comparten unha base común e conteñen un conxunto distinto de programas.
- Chamamos Trisquel á versión para uso doméstico, que inclue software multimedia -reproductores de video e audio, programas de deseño gráfico-, redes -chat, p2p, etc-, e xogos.
- Trisquel Empresas está deseñado para a oficina, non ten software de ocio pero sí programas de xestión, contabilidade, facturación, terminal punto de venta e finanzas, entre outros.
- Trisquel Educación é para escolas de todo tipo, e está en desenvolvemento actualmente
Todos os nosos CD's son "Live", é dicir, que pódelos probar sen ter que instalálos.
¡De moitas maneiras! Aqui tés algunhas:
- Usando Trisquel, compartíndoo e instalándoo ós teus amigos e familiares.
- Informándonos dos erros que atopes, e suxeríndonos melloras.
- Axudando nos foros.
- Documentando no wiki.
- Traducindo aplicacións.
- E se tés experiencia desenvolvendo software libre, axudando no mantemento do sistema.
Se queres participar como voluntario, escribenos.

