Programa de socios

O noso programa de membro asociado ofrece a entusiastas de todo o mundo unha forma de axudar ao desenvolvemento de software libre colaborando coa financiamento do Proxecto Trisquel. Ao ser unha organización sen ánimo de lucro, Trisquel non xera ingresos por si mesma, dependendo da súa comunidade e os seus socios para a súa sustentabilidade. Se queres axudar a asegurar a viabilidade a longo prazo do proxecto, animámoste a te converter en membro asociado hoxe.

Vantaxes para os membros

chave usb con trisquelAo te converter en membro asociado do Proxecto Trisquel, ademais de recibir o noso agradecemento público na páxina web, proporcionarémosche unha serie de beneficios que axudarán a amosar o teu apoio ao proxecto, contribuíndo así a súa difusión no teu entorno.

Como membro asociado recibirás un chaveiro USB cargado con unha imaxe live de Trisquel. Poderás usala para compartir o sistema coa túa familia e amigos -un bo xeito de iniciar unha conversa arredor da liberdade e o software libre-, e ademais gardará as túas configuracións e arquivos entre arranques, permitindo que leves un pouco de liberdade contigo. Tamén podes usala coma unha chave criptográfica, utilizable como un substituto físico para o contrasinal nas túas computadoras GNU/linux.

Forneceráseche tamén un alias de correo @member.trisquel.info e un cloak de freenode para que poidas amosar o teu apoio ao proxecto fora do noso sitio web. Tamén terás un logo de membro no teu perfil de trisquel.info e nos nosos foros.

Cotas

O programa de membro asociado de Trisquel está aberto a todos en calquera país, e posto que comprendemos que cada membro terá unha situación financeira diferente, preferimos que escollas ti mesmo con canto queres contribuír. A cota suxerida é de 10€/mes, considerando unha cantidade mínima de 5€/mes. Non hai límite superior, nos suxerimos unha cota de 20€/mes para alguén con un bo nivel de ingresos. A cantidade que escolles pagar non se amosará, e todos os membros terán o mesmo trato.

Se a cota mínima de 5€/mes é elevada de máis para ti, recomendámosche as doazóns ocasionais no seu sitio, ou que axudes ao proxecto dun xeito non monetario.

Notas:

  • Precisaremos un enderezo para enviarche o agasallo de benvida, podes fornecela no formulario de PayPal ou contactando connosco. Tamén podes escoller non recibilo.
  • Se vives en España podes pedir que a cota che sexa cargada a túa conta bancaria sen usar PayPal ou o cartón de crédito (evitando así darlles cartos a eles).
  • Podes cancelar a túa membresía no intre que consideres.
     
Login or register to apply for a membership.