Novo programa de socios

Logo de comezar co noso programa de doazóns con gran aceptación fai xa dez meses, hoxe lanzamos o que agardamos sexa principal sustento para o futuro do proxecto: agora tes a oportunidade de converterte en membro asociado de Trisquel.

Os membros asociados colaborarán co proxecto achegando unha doazón mensual fixa, garantindo así a estabilidade económica precisa para acadar o obxectivo: manter unha equipa de desenvolvemento contratada. Os membros recibirán unha chave usb precargada con un sistema Trisquel live, un alias de email @member.trisquel.info e un cloak en freenode. Tamén serán listados na nova páxina da comunidade na que estamos traballando, e os seus perfís e comentarios amosarán o logo de membro.

Axúdanos a conseguir o noso obxectivo de acadar os 100 socios antes de final de ano. Atopa máis detalles e asóciate na páxina de adhesión!