Release announcements

Lanzamento da versión de actualización Trisquel GNU/Linux 6.0.1 LTS

Ésta é unha versión de actualización progresiva, incluindo todas as melloras de mantemento y corrección de erros publicadas desde o lanzamento de Trisquel 6.0. Os usuarios da devandita distribución non precisan reinstalar, simplemente con empregar o xestor de actualizacións ou o comando apt-get dist-upgrade terán o mesmo resultado.

Trisquel 6.0 LTS "Toutatis" xa dispoñíbel!

Despois dun logo tempo de agarda, xa está dispoñíbel esta versión de Trisquel, baseada en Ubuntu Precise, e como ven sendo habitual, cheo das bondades do software libre. Continuamos proporcionando unha experiencia de usuario de escritorio clásico sinxela de usar e completa con todo o preciso para disfrutar e traballar con internet, ferramentas de oficina e comunicacións e utilidades para a rede social. A por ela, ¡antes de que arrefríe!

Novas características

  • Linux-Libre 3.2
  • Xorg
  • Abrowser 19
  • GNOME 3.4
  • LibreOffice 3.5

Un mellor navegador

O noso navegador sen nome (Abrowser, un derivado de Firefox que non recomenda software non libre) inclue nesta ocasión importantes novidades, coma o soporte completo de vídeo mediante HTML5 (WebM, h264 e outros formatos) que permite empregar sitios como Youtube sen ser preciso empregar  complementos. Esta versión tamén amosa ficheros pdf integrados e da soporte a aplicacións de mensaxería instantánea e vídeo conferencia directamente no navegador mediante WebRTC.

Accesíbel por defecto

Fai xa bastante tempo comezamos unha búsqueda en pos da mellor experiencia para usuarios discapacitados, de xeito que adoitabamos crear unha versión especial, o "live-DVD" internacional, que eliminaba as barreiras dixitais por defecto. Nesta nova edición levamos esta idea un paso máis adiante, de xeito que todas as imaxes son accesíbeis por igual para usuarios con deficiencias visuais: se durante o proceso de arranque do entorno "live" non se toca ningunha tecla durante a conta atrás de 30 segundos, o lector de pantalla arrincará en modo activo ao amosarse o escritorio.

Soporte extendido

Esta edición é de tipo LTS (Long Term Support, soporte a longo prazo), o que implica que se publicarán correccións de erros e melloras de seguridade ata o 2017. Ademais, decidimos mudar o noso ciclo de lanzamentos de agora en diante: deixaremos de publicar versións de soporte a curto prazo cada seis meses, centrándonos en proporcionar o mellor soporte posíbel as versións LTS, incluindo melloras retrocompatibles a elementos clave como el kernel, el navegador y el sistema gráfico entre otros. Tamén faremos moito máis sinxelo para os voluntarios a posibilidade de incorporar e manter versións máis novas de paquetes extra mediante un repositorio opcional revisado pola equipa pero mantido pola comunidade.

Publicaremos inda así versións de actualizacións das imáxes cada seis meses, que incluirán todalas melloras levadas a cabo no sistema durante ese período.

¿Cómo anovar?

Se actualmente empregas Trisquel 4.0 ou 5.5, un aviso de nova edición dispoñíbel aparecerá no xestor de actualizacións (no caso de empregar Trisquel nun servidor ou en xeral sen interfaz gráfica, executa "sudo do-release-upgrade"). Se empregas Trisquel 4.5 ou 5.0 terás que realizar as actualizacións a cada versión sucesiva (4.5, 5.0, 5.5, 6.0) ou actualizar de xeito directo manualmente á nova edición. Pide axuda a un membro da comunidade con experiencia se precisas dela, no nosos foros, listas de correo ou canles irc.

¿Cómo axudar?

Con esta edición, mantemos as fontes para xerar máis de mil paquetes adaptados a Trisquel, para solucionar problemas de liberdade ou licenzas, protección da privacidade, usabilidade e accesibilidade entre outras características. Mantemos todos os recursos nos mesmos (compilación, distribución e servidores web) e todos os nosos servizos online executanse nas nosas propias máquinas, axudándonos a ser completamente independentes. Isto redunda nun gran esforzo, gustarianos que a nosa comunidade tomase parte distol. Estamos mellorando os nosos servizos de desenvolvemento para dar acubillo a hackers voluntarios que axuden a mellorar o sistema, pero se non sabes cómo solucionar erros ou manter paquetes, inda podes contribuir mellorando a wiki, axudar a outros nos foros, traducindo contidos, ou atopando e informando sobre fallos. E se non dispós de tiempo para iso, inda así podes axudar facendo unha doazón, unindote o noso programa de membros asociados, ou mercando agasallos nas nosas tendas.

Lanzamento de Trisquel 5.5 STS Brigantia

Chegou por fin Trisquel 5.5 STS "Brigantia"! Esta edición levounos algo de tempo extra, pero valeu a pena, xa que pese a que pasamos por un grande número de cambios en varios dos compoñentes clave, acadamos moitas melloras ao tempo que preparamos o sistema para a imminente nova edición con soporte ao longo prazo. A xeito de compensación (moitas gracias pola vosa paciencia!), e debido á importancia da seguinte versión, escomenzaremos o traballo nesta antes do habitual, máis ou menos nun mes.

Brigantia ven de constituir o maior esforzo destes oito anos, e queremos dar as grazas a toda a comunidade, aos membros asociados, aos donantes e en especial a todos os que contribuíron ao desenvolvemento.

Moitas novas tecnoloxías, a mesma experiencia de usuario

Esta versión é a primeira de Trisquel baseada en GNOME 3, GTK 3 e tamén Linux-libre 3.0.0. GNOME 3 supuxo un grande desafío, debido a que co seu deseño actual, non resulta usable para a nosa comunidade. O interface por defecto de GNOME 3 é o GNOME Shell, un programa que precisa de aceleración 3d para funcionar, dado que dependa da composición OpenGL. Lamentablemente, moitas placas gráficas a día de hoxe non contan con un controlador libre que forneca deste nivel de aceleración, polo que moitos dos usuarios que escollesen empregar estes controladores libres serían relegados a un entorno de escritorio "de emerxencias". Coidamos que de este xeito moitos usuarios poderían sentir o impulso de instalaren controladores non libres para poder empregar o novo entorno de escritorio, polo cal decidimos tomar ese entorno "alternativo" e empregalo por defecto, mellorándoo na medida do posible. Afortunadamanete, este entorno alternativo é unha implemenentación en GTK 3 do panel de GNOME 2.x, que non soamente é moi usable, e inclusive máis estable que o orixinal, se non que tamén soporta as esenciais características de accesibilidade, nas que actualmente GNOME Shell deixa moito que desexar.

Outra vantaxe de empregar este entorno "alternativo" por defecto é que puidemos empregarlo para fornecer da mesma distribución de escritorio de anteriores versións de Trisquel aos usuarios que a aprecian e esperan. Por suposto, podedes adaptala e personalizala con paneis e applets coma sempre.

Esta versión inclúe, entre moitos máis:

  • Linux-libre 3.0.0
  • GNOME 3.2
  • Abrowser 11
  • LibreOffice 3.4.4

Unha mellor accesibilidade, un proxecto mellor

Seguindo co noso compromiso coa accesibilidade, temos logrado mellorar a integración co lector de pantalla Orca e outras ferramentas de acceso universal. Non foi sinxelo, dado que se viron afectadas polos cambios nas librarías básicas, pero os resultados mereceron o esforzo. Se empregades o DVD i18n, o lector de pantalla arrinca no inicio, permitindo aos usuarios con dificultades visuais instalar Trisquel por sí mesmos, obtendo un sistema final no que o xestor de acceso tamén é accesible. Falta moito para chegar a que sexa perfecto, pero seguiremos traballando moito neste importante aspecto.

Outra mellora é que agora incluímos soporte no conxunto de paquetes preinstalados para a aceleración 3d --xa non soamente experimental-- en moitas das placas gráficas de NVIDIA, grazas ao controlador libre Nouveau. Tamén podemos anunciar que a partires de agora todos eses paquetes, e os máis de 300GB de fontes e binarios dos nosos servidores, son accesibles a través de novos mirrors oficiais en Holanda e India, grazas a Jason Self e ao KMEA Engineering college respectivamente. Moitas grazas!

Lanzamento de Trisquel 5.0

No que xa podemos considerar unha tradición, celebramos o Día da liberdade do software publicando Trisquel GNU/Linux 5.0 STS, a nosa última versión de nome en clave Dagda.

Hoxe lanzamos a versión estándar baseada en GNOME e a lixeira Trisquel Mini sobre LXDE. Os usuarios de Trisquel 4.5 poden actualizarse empregando a aplicación update-manager, sen necesidade de reinstalar o sistema. As implantacións avanzadas -servidores, RAID/LVM, cifradas, etc.- poden executarse mediante as imaxes netinstall. Outras dúas edicións, unha baseada en KDE e outra co entorno educativo Sugar chegarán en breve.

A edición estándar incorpora, entre moitos outros, os seguintes paquetes:

  • Linux-libre 2.6.38
  • GNOME 2.32
  • LibreOffice 3.3.3
  • Abrowser (o noso navegador web xenérico baseado en Mozilla Firefox) 6.0.2

Aproveitamos para agradecer á FSF, e ao seu interno de campañas Jonathan Nadeau por axudarnos a mellorar o soporte de accesibilidade desta edición. Entre outros cambios, o DVD internacional arrinca o sistema cun lector de pantalla activo por defecto, permitindo aos usuarios con discapacidades visuais executar e instalar o sistema sen necesidade de axuda. Este cambio será aplicado tamén á imaxe cargada nas tarxetas de membro da FSF.

Descargádeo agora, e compartídeo no voso entorno!

E lembrade, podedes axudar á continuidade deste proxecto mediante unha doación, mercando un souvenir nas nosas tendas ou facéndovos socios.