¿Qué é Trisquel?

Trisquel é un sistema operativo totalmente libre
baseado en GNU/Linux, para usuarios domésticos,
pequenas empresas e centros educativos.

Descargar

Capturas de pantalla

Publicación de Trisquel 2.1

Hoxe publicamos a versión 2.1 de Trisquel GNU/Linux, tanto da edición doméstica coma da educativa e a de empresas. Isto supón un fito en varios sentidos: publícase a primeira versión oficial de Trisquel Edu, as tres pasan a empregar o kernel linux-libre, e incorporan centos de pequenas melloras.

Todas estas novidades poden obterse mediante as actualizacións automáticas, sen necesidade de reinstalar o sistema.

Descargar

Versión 2.1

Trisquel GNU/Linux, recomendada por GNU

Énchenos de orgullo poder asegurar, tras unha larga tarefa de avaliación do contido dos nosos repositorios co respaldo e a supervisión de GNU, que Trisquel é libre ata onde alcanza a vista. Por este motivo aparecemos na lista de distribucións recomendadas por GNU/FSF.

100% libre

Para comprometernos firmemente a manter estes ideais no futuro, enviamos hoxe unha carta aberta á comunidade, que recolle o forte convencemento de todo o equipo de Trisquel cara a distribución e recomendación de software libre de xeito exclusivo.

Convite á presentación oficial de Trisquel Edu

O equipo de desenvolvemento de Trisquel GNU/Linux convídavos á presentación oficial da nova edición para centros educativos do sistema operativo libre, nomeada "Trisquel Edu". O acto terá lugar na Aula Magna do Mosteiro de San Martín Pinario, en Santiago de Compostela, as 18:30 do día 16 de Decembro.

Escritorio do Trisquel Edu
Escritorio do Trisquel edu

Trisquel Educación en Código Cero

No especial "O Software Libre Galego" da revista Código Cero podedes atopar dous artigos sobre a nova edición educativa de Trisquel GNU/Linux, escritos por Diego Rosales, colaborador do proxecto, e Rubén Rodríguez, director do mesmo.
Código Cero
Descargar a edición en pdf do número 64.