Publicación de Trisguel 1.5
Por fin está dispoñible para descargar a esperada Trisguel GNU/Linux 1.5 Sirona.
A imaxe ISO do cd pode descargarse nesta ligazón
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
Español
Trisquel na "Xuventude Galiza Net" 2007

A nova que estás a ler escríbese dende o escenario da Xuventude Galiza Net 2007, un lugar privilexiado onde os estupendos organizadores do evento convidáronos a colocar un stan con CD's, un proxector e máis cousas. En breve repartiremos os 1500 CD's que trouxemos para a ocasión, e pasaremos o resto do fin de semana axudando os participantes a instalar Trisquel nos seus pc's.
Temos que agradecer a colaboración da Escola de Enxeñería Informática de Ourense que costeou os cd's, e á xenerosa organización da XGN polo espacio e a invitación.
Publicación de Trisguel 1.0
Tras máis de dous anos e medio de desenvolvemento e numerosas versións previas, por fin temos Trisguel 1.0. A partir deste momento estableceremos un prazo fixo de publicación de versións de 6 meses, ditas versións terán soporte (reparación de erros e publicación de revisións periódicas) durante un ano.
Podes descargar Trisguel GNU/Linux 1.0 "Arianrhod" para pc neste link. O cd ocupa 673MB e o MD5 é 0177591b1ddcf98a516df1f59e16511d
Estas son algunhas das novidades dende as versións de proba:
- Repositorio propio baseado en Debian 4.0 Etch, con actualizacións de seguridade.
- Novo instalador e melloras no entorno lixeiro. Os requisitos mínimos baixan a tan só 200mhz, 64 MB de RAM e 3 GB de disco duro.
- Soporte de tecnoloxías de asistencia para discapacitados visuais.
- Novo sistema live, pode executarse dende un pendrive.
- O sistema live pode lanzarse dende o escritorio de Windows, sen configurar a BIOS.
Software incluido:
- Gnome 2.14. Entorno lixeiro IceWM+Rox.
- OpenOffice.org 2 con correctores ortográficos de galego e castelán.
- Navegador IceWeasel (Baseado en Firefox 2).
- Entorno completo en Galego, Castelán e Inglés.
- Linux 2.6.18.6 con máis de 1.000 drivers.
- Emulador de windows Wine, e simulador de pc virtual Qemu/Kvm.
- Entorno de usuario 3D Compiz.
- Máis de 1000 paquetes preinstalados que inclúen aplicacións de oficina, multimedia, deseño, rede, xogos... E máis de 15.000 paquetes dispoñibles para instalar.
Traducción de Drupal 4.7 ó galego
Xa está dispoñible para a sua descarga a traducción do CMS Drupal (o xestor de contidos que emprega trisquel.uvigo.es) ó galego, na súa versión 4.7
Foi realizada para a web do Proxecto Trisquel por Nacho Casal Quinteiro, o noso coordinador de traducción, baseandose na versión 4.6.
O arquivo pode baixarse neste link ou na paxina web de drupal.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
Español
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »


