¿Qué é Trisquel?

Trisquel é un sistema operativo totalmente libre
baseado en GNU/Linux, para usuarios domésticos,
pequenas empresas e centros educativos.

Descargar

Capturas de pantalla

Trisguel 0.97

Xa está lista para a descarga a versión 0.97 "Mórrigan" de TrisGuel GNU/Linux, con grandes novidades entre as que se incluen as seguintes:

  • Novo calzador
  • Gnome 2.14
  • Unionfs
  • OpenOffice.org 2.0.3 en Galego
  • Centro de ocio dixital MythTV

    O sistema live vese moi mellorado co uso de unionfs; e o novo sistema de arrinque (o calzador) fai o sistema mais sinxelo de empregar.

    Evolución do roadmap.

    Pódela descargar do repositorio.

    Notas da versión

  • Agradecementos

    Dende o proxecto Trisquel queremos agradecer a GULO o feito de escoller TrisGuel GNU/Linux como ferramenta para ensinar no seu stan na recente feira de mostras ExpoEnter, onde ademáis regalaron cd's de TrisGuel e Ubuntu ós visitantes.

    Tamén queremos agradecer á organización da recente Xuventude Galiza Net o reparto de cd's de TrisGuel GNU/Linux entre os asistintes.

    Revisión menor da TrisGuel 0.95

    Xa está dispoñible a revisión 1 de TrisGuel 0.95 "Ogmios".
    A lista de cambios é a seguinte:

    -Novo Xorg 7
    -liberado espacio
    -kernel recompilado, melloras en drivers wifi e o engadir drivers de terceiros.
    -Melloras na configuración de Gstreamer (arranxando problemas de son)
    -Melloras de detección de gráficas
    -Engadidas mais tty's
    -Engadido un novo applet de búsquedas

    Pódela descargar do repositorio.

    Nova TrisGuel 0.95

    Hoxe pubícase unha nova versión de Trisguel GNU/Linux: a 0.95 "Ogmios".

    Trátase dunha revisión menor da 0.9 "Fyre".

    Engade grande cantidade de controladores de rede inalámbrica e de impresoras con respecto a versión anterior, elimina algúns erros e introduce un sinxelo configurador da proteccion de rede (cortalumes).

    Pódela descargar no repositorio.