Benvidos ós foros e listas de correo de Trisquel

Keine Antworten
Trisquel
Offline
Beigetreten: 12/21/2004

Ola a todos, e benvidos ás listas de correo de Trisquel (e ós foros asociados). Creáronse dúas listas, que funcionan da seguinte maneira:

  • Trisquel-anuncios: os usuarios da lista recibirán un correo sempre que saia publicada unha nova versión de trisquel, haxa cámbios ou novas de importáncia, ou se descubran fallos de seguridade de carácter grave. O contido reflecte maiormente o da portada da web. Pode ser acedida libremente, pero no acepta mensaxes dos usuarios. Podes darte de alta ou consultar os envios vellos.
  • Trisquel-usuarios: Reflexa o contido do foro "Trisquel GNU/Linux" da web do proxecto. É de temática libre (técnica, filosófica, de axuda e soporte...) dentro do tema da distribuición Trisquel GNU/Linux. Non está moderado a priori. Podes darte de alta ou consultar os envios vellos.

    A lista Trisquel-usuarios está asociada o foro da web o que significa que todo o contido dos foros envíase á lista, e viceversa. Resulta indiferente acceder ou enviar o contido a traveso da web ou do correo electrónico.

    ----------------------------------

    Persoalmente, e como presentación; chámome Rubén Rodriguez, e son o director do Proxecto Trisquel. O meu correo electrónico é ruben(EN)trisquel.info, o meu jabber é name at domain.

    Saúdos a todos.