conservar home con instalacion limpia trisguel 2.0

2 réponses [Dernière contribution]
fozando
Hors ligne
A rejoint: 11/27/2006

hola a todos
hace años que utilizamos (la familia entera) trisguel 1.0 y quisiera
actualizarla, lo hice cambiando a los repositorios de 1.5 pero no estoy
satisfecho del todo y he pensado instalar desde cero trisguel 2.0.
en lo que necesitaria consejo seria en que quisiera conservar los home
de los usuarios que tenemos, para despues reinstalarlos en la nueva version
el /home esta en una particion separada.
sino fuera posible ¿como podria trasladar las configuraciones y datos del evolution y firefox?
os agradeceria cualquier consejo, gracias y un saludo
pd toda la familia (incluidos los niños) esta muy satisfecha con el funcionamiento de esta distribucion,

Gatonegro
Hors ligne
A rejoint: 04/08/2007

Ola de novo!

Pois efectivamente, non aparece a mensaxe na web porque esquencín
incluír a rolda de Trisquel nos destinatarios. Agora debería de
aparecer?

Se tes /home nunha partición aparte, o procedemento é doado: instala
Trisquel de xeito que o sistema se instale na partición de / e pídelle
que use a outra partición (a de /home) como /home, *pero sen
formatear*. Se empregas o mesmo nome de usuario para o novo usuario de
Trisquel 2 que empregaches para o primeiro usuario de Trisquel 1 cando
instalaches, non debería de haber problema.

Pode ser, sobre todo se se instala novo software que cree usuarios
virtuais ou se creas os novos usuarios no sistema nunha orde diferente
do que os creaches na instalación anterior, que descubras que os
cartafoles de /home teñen os permisos trastocados. Isto é así porque
en realidade o que identifica ós usuarios non é o nome senón un
identificador numérico que por defecto ten que ver ca orde na que se
crearon. Pero é doado de arranxar.

Explícome: imaxina que creaches o usuario Antón durante a instalación
de Trisquel 1, e log engades a Bea, Carlos e Daniel. Antón tería o ID
1001, Bea 1002, Carlos 1003, e Daniel 1004. Pero se na nova
instalación Creas os usuarios, por exemplo, na orde "Antón Carlos
Daniel Bea" as IDs van quedar cambiadas (os arquivos de /home/bea
serían de Carlos, os de /home/daniel de Bea, e os de /home/carlos de
Bea).

Solución doada (que podes aplicar sen te raiares a cabeza, porque se
as cousas están ben non fai mal, e se estan mal arránxaas): unha vez
remates de instalar, abre unha terminal e fai isto para cada usuario
que teñas no sistema (e que tivese arquivos da instalación anterior):

cd /home

sudo chown -R usuario1 /home/usuario1
sudo chgrp -R usuario1 /home/usuario1

sudo chown -R usuario2 /home/usuario2
sudo chgrp -R usuario2 /home/usuario2

...

Básicamente, o comando chown fai ó usuario# dono dos arquivos en
/home/usuario#, e o comando chgrp fai o propio co grupo dese usuario.

Penso que iso debería de arranxar o problema --- e non te preocupes,
que é mais doado do que parece.

Denís.

2008/7/31 akuna <name at domain>:
> El jue, 31-07-2008 a las 10:51 +0200, Denís Fernández Cabrera escribió:
>> Ola,
>>
>> Pola descripción que fas, semella que tes a Trisquel instalada nunha
>> única partición no disco, nonsí? Se este é o caso, a mellor solución
>> vai ser facer unha copia de seguridade dos datos (nalgún dispositivo
>> externo) e sinxelamente volver a copialos de volta no disco duro cando
>> remate a instalación nova.
>>
>> Normalmente, eu prefiro facer alomenos duas particións: unha para
>> /home e outra para / , de xeito que se reinstalas algo (ou mesmo se
>> cambias de distribución) soamente é preciso formatear e instalar na
>> partición de / e, se acaso, facer un chmod -R sobre os directorios dos
>> usuarios na nova distro (se é que os seus IDs non coinciden cos
>> novos). Se cadra queres probar esta configuración na instalación da
>> Trisquel 2.0.
>>
>> Fora disto, non penso que teñas moita mais solución, alomenos sinxela.
>> Realmente podería ser unha boa idea que os de Trisquel incluísen un
>> asistente de migracións nas novas distribucións (ou alomenos que
>> fixesen a instalación por defecto en duas particións).
>>
>> Tampouco non son un experto na Trisquel, así que me corrixa quen saiba mellor.
>>
>> Denís.
>>
>>
>> 2008/7/31 <name at domain>:
>> > hola a todos hace años que utilizamos (la familia entera) trisguel 1.0 y
>> > quisiera actualizarla, lo hice cambiando a los repositorios de 1.5 pero no
>> > estoy satisfecho del todo y he pensado instalar desde cero trisguel 2.0. en
>> > lo que necesitaria consejo seria en que quisiera conservar los home de los
>> > usuarios que tenemos, para despues reinstalarlos en la nueva version el /home
>> > esta en una particion separada. sino fuera posible ¿como podria trasladar
>> > las configuraciones y datos del evolution y firefox? os agradeceria cualquier
>> > consejo, gracias y un saludo pd toda la familia (incluidos los niños) esta
>> > muy satisfecha con el funcionamiento de esta distribucion,
>> >
>> > _______________________________________________
>> > Trisquel-usuarios mailing list
>> > name at domain
>> > http://trisquel.uvigo.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trisquel-usuarios
>> >
>>
>>
>
> muchas gracias por la pespuesta (por cierto la he recibido en el correo,
> no la veo en la web), el /home lo tengo en una particion separada de /,
> sobre lo que tengo dudas es como crear los usuarios en la nueva trisquel
> y despues pasarles todos los datos del /home y que me los acepte el
> nuevo sistema (supongo que hay entrara tu consejo chmod -R).
> gracias de nuevo un saludo
>
>

--
Denís Fernández Cabrera
mailto:name at domain
http://gatonegro.ceibes.org
_______________________________________________
Trisquel-usuarios mailing list
name at domain
http://trisquel.uvigo.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trisquel-usuarios

xiseme
Hors ligne
A rejoint: 01/14/2007

-Poñer todos os ficheiros (ocultos incluídos) do /home a "bon recaudo". Se é partición separada "por se acaso", caso contrario "por necesidade".

-Instalar o 2.0 con partición separada para o /home. ---Se xa estaba en partición separada, que a partición home-anterior teña o punto de montaxe en /home da nova instalación---

-Cando che pida datos para usuario, que sexa diferente aos anteriores, porque o usuario creado na instalación é o que ten por defecto os dereitos de administración do pc. Será a súa contrasinal a que che pedirá, no seu caso. A conta de root está desactivada por defecto na nova versión.

-Unha vez instalado, se o home-anterior non estaba en partición independente, copiar/pegar os ficheiros do home-anterior no novo /home.
Crear usuarios cos nomes (e supoño que contrasinais) dos anteriores. Se tomarán os datos do cartafol do usuario respectivo que é donde están as configuracións personais de cadaquén.

Trisquel 2.0 disque está baseada en ubuntu; as anteriores directamente en debian; non sei si eso supoñerá algún desaxuste (ben que o poiden mirar se me chego a dar conta antes de borrar os meus usuarios anteriores pero ...)

P.D.: Ter o /home en partición independente é moi boa cousa :-)

P.D.2: Vexo que hai outros máis rápidos ao outro lado do misisipi. :-)). Failles caso.