Alguén por aí con coñecementos de PHP e MySQL?

Pas de réponses
tivaita
Hors ligne
A rejoint: 02/25/2014

Ola a todos!

Aínda que a cousa está moi no aire estou valorando a posibilidade de crear un espacio web, do estilo agregrador de novas (Digg, Menéame). Como apenas teño coñecementos informáticos tería que aliarme con alguén que complementase o equipo por esa banda (e quizais alguén que soubese máis de temas económicos…).

O caso é que se hai por aí alguén que teña coñecemento de PHP, MySQL e algo de crontab, e con tempo libre para adicarlle a probar cousas novas, poderiamos ir falando.

Por suposto todo estaría baseado en software libre ;)

Quizais estaria ben deixar un enlace coas páxinas que fixo cada un para botarlle un ollo.

Recalco de novo que de momento é unha reflexión máis que proxecto serio: a cousa tamén dependería do grao de implicación e do tempo que cada membro do equipo esté disposto a empregar.

Un saúdo a todos, e perdón se se ve moi intrusivo o anuncio…