Enviado o primeiro lote de chaves USB de Trisquel

Hola, queridos amigos de Trisquel!Trisquel Keychain

Fai dúas semanas enviamos por fin o primeiro lote de chaves USB de Trisquel aos nosos membros asociados. Enviamos unha mensaxe de confirmación ao ter os sobres listos, porque pensamos que algúns poderiades ter mudado de lugar de residencia dende o voso rexistro. Visto que soamente a metade das mensaxes obtivo resposta, agora sabemos que a xente tamén muda de dirección de correo electrónico ;-)

Así que, se recibiches a mensaxe pero pensaches que pertencía a algunha complicada estafa por email (xa pensaramos que podía pasar), por favor respóndeo agora coa túa confirmación ou nova dirección postal. Se mudaches de dirección de correo electrónico desde que te rexistraches como socio, por favor contacta con nos para que saibamos onde enviar o teu sobre.

Por último, filtrar os datos fornecidos por Paypal é relativamente complexo e propenso a se trabucar, así que se cres que te esquecemos, por favor fáinolo saber mediante o formulario de contacto. Se te rexistraches como socio despois do primeiro de Xullo, a data do noso último volcado de datos de Paypal, enviaremos a túa chave no seguinte lote, en canto consigamos máis unidades.

Moitas gracias pola vosa paciencia, estade atentos para grandes novas proximamente!