Edicións STS e LTS

As distintas edicións de Trisquel están basadas nas publicacións da distribución Ubuntu. Debido a isto, algunhas características hérdanse, entre elas: o soporte por parte da comunidade.

Qué é o soporte?

Trisquel é desenvolvido por unha comunidade voluntaria que con esforzo e dedicación publica as súas edicións rematadas (comúnmente chamadas Release), que poden ser descargadas e instaladas sen problema ningún. Pero o traballo non remata ahí: o software co paso do tempo mellórase incluindo novas características, maior estabilidade e seguridad. Debido a isto, é necesario manter actualizado o software incluido en Trisquel para que os usuarios teñan unha experiencia confortable e segura tendo a súa disposición o software máis recente. A actualización do software e o seu mantemento é o que chamamos soporte. Durante o periodo de soporte dunha edición, o software incluido nela será actualizado e mantido pola comunidade, a medida que novas versións sexan publicadas.

Diferencias do soporte en STS e LTS

Polas súas siglas en inglés, STS significa Short Term Support, en galego: soporte a curto prazo. As edicións con soporte a curto prazo de Trisquel teñen un soporte de 1 ano a partir da súa data de publicación. O que quere dicir que durante 1 ano o software incluído nela será actualizado e mantido pola comunidade de Trisquel, amáis das actualizacións de seguridade e correccións de erros, rematado ese prazo, deixa de manterse polo que terá que actualizar a unha edición máis recente.

LTS, significa polas súas siglas en inglés Long Term Support, en galego: soporte a longo prazo. As edicións de Trisquel LTS, ou con soporte a longo prazo, gozan dun prazo de mantemento de 3 anos a partir da súa data de publicación. É dicir, que durante 3 anos o software incluido nela será actualizado e mantido pola comunidade de Trisquel, amáis das actualizacións de seguridade e correccións de erros, pasado ese prazo, deixará de manterse e terá que actualizar a unha edición máis recente.

As versións LTS e STS correspóndense coas homónimas de Ubuntu, e son cada 2 anos unha LTS, e o resto STS.

Por qué isto funciona así?

A razón pola que se direncian as versións por tempo de soporte é moi útil e necesaria. As edicións STS (soporte a curto prazo) teñen software máis novo, con novas características, estabilidade e seguridade. Pero, a pesar diso, non quere dicir que sexa sempre a mellor opción. ¿Por qué?... é fácil, as versión moi novas do software tenden a, nalgúns casos, non ser a mellor opción debido a que son tan novas que non están suficientemente probadas e poden conter erros. A pesar de ser máis recente e gozar de melloras, non se asegura que non xere problemas, como a inestabilidade ou incompatibilidade.

Debido a este detalle propio de todo software recente, planteouse a necesidade de poseer unha edición que conteña versións de software con moito máis tempo de proba. Aquí fica a razón das edicións LTS (soporte a longo prazo). As edicións LTS conteñen software non tan novo como nas STS, pero moito máis estable, fiable e seguro debido a que xa teñen máis tempo de probas e uso por parte da comunidade. En resumo: as versións LTS son menos arriesgadas debido a que o seu software leva tempo testeado, mentras que as STS conteñen software máis novo.

Entonces... Cál debería elexir?

Dependendo das necesidades do usuario, é mellor unha opción ou outra. Por exemplo: si vai a empregar Trisquel para o traballo, sempre vai ser mellor a opción da edición LTS xa que sempre é máis fiable e é moito máis difícil que xere conflictos. En caso contrario, si vai utilizar Trisquel na casa ou no portátil, ambas opción son completamente válidas e igual de recomendables, aínda que para poder empregar correctamente todo o hardware da súa computadora, sempre é mellor ter unha versión o máis actualizada posible.

Prefiro as STS, debería instalar una edición máis nova pero LTS?

Si eres un usuario das edicións STS e a próxima edición de Trisquel é LTS, igualmente deberías actualizar xa que as LTS cando son publicadas conteñen software máis novo que a súa predecesora STS. E, cando se publique a próxima STS, volves a actualizar como si a edición LTS se tratase de una STS máis.

Revisión

09/17/2011 - 21:25
Khany