Non me podo conectar.
- Login o registrati per inviare commenti
Resulta que agora con Trisquel non me deixa conectarme. Probei con dúas tarxetas de rede e segue sen funcionar. En cambio en Winbugs si que funciona...
Os cambios máis recientes que fixen foron as actualizacións do sistema, a instalación de telnet e o gnome-shell. Sen embargo, esa mesma tarde, con eses cambios feitos internet íame perfectamente...
Envíanos por favor el "lspci" y la versión de tu trisquel para descartar que
sea un problema de hardware.
--
Eduardo Saavedra-D'Attellis
2011/9/5 <name at domain>
> Resulta que agora con Trisquel non me deixa conectarme. Probei con dúas
> tarxetas de rede e segue sen funcionar. En cambio en Winbugs si que
> funciona...
>
> Os cambios máis recientes que fixen foron as actualizacións do sistema, a
> instalación de telnet e o gnome-shell. Sen embargo, esa mesma tarde, con
> eses cambios feitos internet íame perfectamente...
>
Curiosamenta esta mañá xa se coenctou, pero comezou a darme unha serie de problemas a nivel de escritorio e administración de aplicacións etc. que xa facían imposible o bo funcionamento do sistema, así que formateei e volvín instalar Trisquel, esta vez sen gnome 3 [gnome-shell]. De momento volve ir ben sen dar problemas.
Moitas grazas pola atención de todos os xeitos.
Gnome 3 non creo que fora, xa que aínda non está nos repositorios de Trisquel, e Gnome-shell só iso, unha shell (a que está nos repositorios é unha versión 2.x). Hai que ter enconta que para que che vaia ben tes que ter aceleración gráfica.
O que si se poderá probar dentro de pouco é Unity (a shell que usa Ubuntu), que estará na versión 5 de Trisquel e que saira dentro duns meses, aínda que a maioría dos paquetes xa están (http://packages.trisquel.info/dagda/) e pódese ir probando a imaxe Alpha da versión para ir reportando erros:
http://devel.trisquel.info/dagda/iso/
http://trisquel.info/en/wiki/dagda-development
Saúdos.
Dixen o de Gnome 3 por que así lle chamaban [saqueino dun post anterior que había máis abaixo]. E de feito non viña dos repositorios de trisquel senón duns que hai que agregar que se chamaba gnome3 team ou algo así.
PD: Por mera curiosidade. Hai algún xeito de saber se podemos fiarnos dos repositorios que se nos dan para instalar elementos? Os repositorios de trisquel están actualizados con todos os programas libres que pode haber noutros repositorios?
MOitas grazas.
Ah, vale, xa me parecía. Pero o repositorio de Gnome 3 para Ubuntu (ppa:gnome3-team/gnome3), está indicado para a versión 11.04 en adiante (o que será a versión 5.0 de Trisquel), e por iso pode "corromper" o sistema si o instalas nunha versión anterior.
Dos repositorios ppa de https://launchpad.net (que é de Canonical) pódeste fiar, ainda que tes que ter enconta que hai programas privativos neses repositorios, e hai que ter coidado cales se escollen. Tamén hai ter coidado coa versión á que están enfocados, e elexir a correcta para a túa distribución, senón posiblemente os programas que intentes instalar non poidan resolver as dependencias. Outra recomendación pode ser que os repositorios externos que engadas sexan "oficiais" das respectivas aplicacións ou dunha fonte segura.
Respecto ó dos repositorios de Trisquel (http://packages.trisquel.info/), ó estar basado en Ubuntu, leva a mesma política respecto ós paquetes, é dicir, cada 6 meses, coa aparición dunha nova versión, actualizan todos os paquetes (que non quere decir que sexa á súa última versión). Asimesmo, paquetes importantes e de seguridade tamén se van actualizando día a día sen ter que esperar a unha próxima versión. O contrario disto sería unha distribución Rolling release (Parabola GNU/Linux, Debian Testing...), distros que actualizan constantemente os seus repositorios e paquetes e así non teñen que andar a sacar versións seguido. Por iso, se queres a última versión dun programa, probablemente nos repositorios de Trisquel non estea, e terías que acudir ó sitio oficial do programa ou un repositorio externo. E evidentemente, non todos os programas libres que hai están nos repositorios de Trisquel, senón os que hai nos repos de Ubuntu máis uns poucos engadidos de Trisquel (que non e que sean poucos...).
Moitas grazas pola resposta. Pero unha última dúbida: Como sei exactamente que os repositorios son oficiais? Por exemplo se vexo ppa:mozillateam/firefox-stable xa podo estar seguro de que é o oficial de mozilla ou na súa web teñen algún apartado onde se indica?
Perdón por dar tanto a vara!
Dependendo da aplicación, pode ou non ter indicado o repositorio na súa páxina web, pero xeralmente si se pode instalar dende repositorios xa o indica na páxina correspondente. Respecto ó que indicas de Firefox, ese é o oficial dos desenvolvedores de Mozilla en Ubuntu (MozillaTeam). Outro método é fixarte no autor do repositorio, que é o que ven no medio (neste caso "mozillateam"), e xeralmente son un grupo ou unha páxina web, e non coller o de persoas individuais (que non teñen ningún problema, pero igual non o manteñen e actualizan).
- Login o registrati per inviare commenti