Non son quen de intalar o Trisquel 2.0 para uso doméstico
- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
Boas,
Descargueime o Trisquel e logo descomprimín o arquivo RAR. As carpetas e README que ali había graveinos nun DVD. E agora que? Iniciei o PC pero non me recoñece ese DVD. Non sei que teño que facer para intalalo. Podédesme axudar?
Grazas.
O que descargaches non é un rar, senón un ISO, e dicir, unha imaxe do
contido dun CD. Pareceute un rar porque terás instalado o winrar e tamén
abre arquivos ISO. Non tes que extraer ningun arquivo do interior do
ISO.
O que tes que facer e empregar a opción "grabar imaxe" do teu programa
de grabación de CD. A opción exacta varía en cada programa de grabación,
pero seguro que atopas algo coma "grabar imaxe" ou "grabar ISO".
Unha vez que teñas o cd grabado, so tes que empregalo para arrincar o
ordenador.
_______________________________________________
Trisquel-usuarios mailing list
name at domain
http://trisquel.uvigo.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trisquel-usuarios
Engadimos un howto no wiki: http://trisquel.uvigo.es/wiki/index.php/Grabar_unha_imaxe_de_CD
- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios