Entrada no grub para trisquel
- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
Hola a todos, son novo por aquí xa que fai pouco encontreime por casualidade con esta distru que polo que vexo é moi interesante. Antes que nada gustaríame felicitar á xente que a fai posible, a idea de que so se use sofware libre e no noso idioma é xenial. Teño a dúbida de se poderei sacar total partido á tarxeta gráfica sen os controladores privativos, pero iso máis adiante....
Para ir xa ó gran, decir que teño instalados neste pc Sabayon Linux e PC-BSD, e agora que instalo trisquel non podo acceder a él, supoño que pola instalación do grub.... Xa que no grub de sabayon teño todo xa ben configurado, gustaríame que me votasen unha manciña se pode ser e me dixesen que entrada debo engadir ó grub de sabayon para que arrinque trisquel....
Moitas grazas e de novo felicidades
Tes que engadir os arquivos do kernel de trisquel no /boot onde teñas instalado o grub. Son o vmlinuz-2.6.24-19-generic e o initrd.img-2.6.24-19-generic, pero ten coidado coas versións: o empregar o /boot do sabayon terás que actualizar manualmente os arquivos e o menu.lst cada vez que cambies o kernel de trisquel.
O anaco do menu.lst (no meu portatil) é o seguinte:
title Trisquel 2.0, kernel 2.6.24-19-generic
root (hd0,1)
kernel /vmlinuz-2.6.24-19-generic root=/dev/sda1 ro quiet splash
initrd /initrd.img-2.6.24-19-generic
Lembra cambiar o "root" axeitadamente en función das túas particións.
Moitas grazas pola resposta, ó final engadirei os outros SO ó grub de trisquel, xa que da outra forma daba un erro non sei porque. Pero total eso da o mesmo e o importante e que funciona perfectamente, asique de novo grazas.
- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios