¿Por qué Galinux habendo Trisquel?

1 respuesta [Último envío]
Xoalde
Desconectado/a
se unió: 01/02/2007

Moi boas.
Primeiro de todo felicitarvos por conseguires a recomendación GNU. Imaxino que non foi doado, pero conseguístelo, e pouco a pouco, esta distro estase a converter nalgo grande e noso.

Nembargantes, estes días andan a saír noticias de Galinux, unha nova distro basada en Ubuntu que parece ser a oficial galega.

¿Qué pasa? ¿Por qué non se lle da a Trisquel a importancia que ten unha distro creada por galegos e sí se lle da a unha nova que non é máis que Ubuntu en galego?
A verdade é que me gustaría saber a vosa opinión antes de meter a pata acordándome dos *censored que hai na Xunta.

Un saúdo a todo o equipo que facedes posible Trisquel e feliz ano ;)

quidam

I am a member!

I am a translator!

Desconectado/a
se unió: 12/22/2004

> Moi boas.
> Primeiro de todo felicitarvos por conseguires a recomendación GNU. Imaxino que non foi doado, pero conseguístelo, e pouco a pouco, esta distro estase a converter nalgo grande e noso.
>

Moitas gracias, foi traballoso pero merece a pena para obter a
recomendación dunha xente tan estricta, porque debe de querer decir que
estamos a facer as cousas ben.

> Nembargantes, estes días andan a saír noticias de Galinux, unha nova distro basada en Ubuntu que parece ser a oficial galega.
>
> ¿Qué pasa? ¿Por qué non se lle da a Trisquel a importancia que ten unha distro creada por galegos e sí se lle da a unha nova que non é máis que Ubuntu en galego?
> A verdade é que me gustaría saber a vosa opinión antes de meter a pata acordándome dos *censored que hai na Xunta.

Trisquel e un sistema operativo libre, e galinux é un metapaquete para
unha distro que non é libre. Non son o mesmo tipo de proxecto, e polo
tanto sobran as comparacións e as opinións.

> Un saúdo a todo o equipo que facedes posible Trisquel e feliz ano ;)

Outro, e felices festas. }:-)

_______________________________________________
Trisquel-usuarios mailing list
name at domain
http://trisquel.uvigo.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trisquel-usuarios