Instalar Qt 4.4.3 para que corra kbasic

3 respuestas [Último envío]
xoan
Desconectado/a
se unió: 12/22/2008

Levo varios días intentando instalar Qt 4.4.3 dende as fontes e todo ocorre ben excepto que quedan os módulos libQtDBus e libphonon sen compilar. ¿Pode alguén axudarme?

O certo e que necesito estos módulos para que funcione kbasic.

quidam

I am a member!

I am a translator!

Desconectado/a
se unió: 12/22/2004

> Levo varios días intentando instalar Qt 4.4.3 dende as fontes e todo
> ocorre ben excepto que quedan os módulos libQtDBus e libphonon sen
> compilar. ¿Pode alguén axudarme?

Qt 4.4 non está nos repositorios, polo que non lle damos soporte, podes
consultar nos foros de Qt ou de Kbasic. En breve teremos un repositorio
"trisquel backports" no que sí estará Qt 4.4 xunto con outros moitos
programas, permanece atento!

> O certo e que necesito estos módulos para que funcione kbasic.

Kbasic tampouco está nos repositorios, e a verdade é que non o coñecía.
Pero estívenlle a votar un ollo, e parece que non teñen claro de todo o
tema do software libre: http://www.kbasic.com/doku.php?id=source_codes
Tal vez por esto ningunha distro inclúe os seus paquetes.

Teñen unhas cantas incoherencias, e a forma de distribuir o seu programa
creo que deriva delas: o instalador(!) require de libqt3, e o programa
require de libqt4, pero non de libqt3... en fin.

¿Probaches gambas? Está nos repositorios (só para i386). Só tes que
executar "sudo apt-get install gambas2" :)

xoan
Desconectado/a
se unió: 12/22/2008

Grazas pola resposta,

Eu veño de migrar dende o windows e ainda que sei programar en Java e C++ sempre usei para os meus proxectos VBasic porque me é moito máis rápido en cuestión de unha o duas semanas poido sacar a diante un proxecto,e como os pc's de hoxe en día van sobrado de resursos, e ademáis aprendin cando os tempos dos 286 a usar gbasic, pois uso basic.

Xa estiven valorando o uso de gambas2 e pode valerme para migrar os proxectos, pero dame a impresión de require moito esforzo de traducción de código en comparación con kbasic, ainda que non o sei, xa que non fun capaz de facelo correr, pero todo se andará.

Aproveito para felicitar ó equipo de Trisquel, para min é a millor distro que probei antes de migrar dende windows, e probei unha chea delas. Moi ben.

Trisquel
Desconectado/a
se unió: 12/21/2004

Prueba a añadir este repositorio:
deb http://ppa.launchpad.net/kubuntu-members-kde4/ubuntu hardy main

Ten cuidado, no hemos revisado si contiene software privativo.