Xa estou eiqui

2 respuestas [Último envío]
JoseM PN
Desconectado/a
se unió: 10/20/2007

Hola xa estou de volta, e como non, cheo de preguntas que nalguns casos seran un pouco parvas, pero eu non sei as respostas.
Despois de facer unha migracion total para Trisquel este e agora o meu único sistema no computador. Surxenme unha chea de dubidas para tentar estar na mesma situacion que antes. As cuestions iniciais son as seguintes:

1.- Como poñer os documentos ( carpeta Persoal) noutra particion e redireccionar ahi todolos datos.

2.- Como usar no virtual box memorias USB.

3.- Como configurar para usar palm tungsten W e tela sincronizada cos datos do computador: contactos, calendario, documentos ...

4.- como podo descargar, dende outro computador os arquivos necesarios para actualizar o meu sistema ou aplicacions para despois instalalas no meu ( teño unha conexion moy moy lenta )E como fago para dende ese outro medio ( usb , DVD ...) poida instalar eses arquivos descargados.

Gracias pola atencion e polas respostas. Adiante que levades unha boa carreira.

quidam

I am a member!

I am a translator!

Desconectado/a
se unió: 12/22/2004

Boas preguntas! (Para a próxima pon cada unha nun fio, para poder
discutilas por separado se fai falla ;)

> 1.- Como poñer os documentos ( carpeta Persoal) noutra particion e redireccionar ahi todolos datos.

Trisquel xa crea unha partición para /home na instalación automática.
Podes reinstalar o sistema sen borrar esa partición conservando os datos
e configuracións do usuario. Se fas un particionado manual podes
configuralo durante a instalación.

> 2.- Como usar no virtual box memorias USB.

A versión libre de VirtualBox non ten soporte para usb :(

> 3.- Como configurar para usar palm tungsten W e tela sincronizada cos datos do computador: contactos, calendario, documentos ...

Tes varios programas para facer iso, proba jpilot e kpilot.

> 4.- como podo descargar, dende outro computador os arquivos necesarios para actualizar o meu sistema ou aplicacions para despois instalalas no meu ( teño unha conexion moy moy lenta )E como fago para dende ese outro medio ( usb , DVD ...) poida instalar eses arquivos descargados.

O xestor de paquetes synaptic (trisquel>sistema>administración) ten unha
opción para xerar un script que descarga os paquetes, e outra para
cargar eses paquetes unha vez descargados.

_______________________________________________
Trisquel-usuarios mailing list
name at domain
http://trisquel.uvigo.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trisquel-usuarios

JoseM PN
Desconectado/a
se unió: 10/20/2007

Hola xa estou de volta, e como non, cheo de preguntas que nalguns casos seran un pouco parvas, pero eu non sei as respostas.
Punto un pido disculpas polo das preguntas encadeadas, asi que unha para aprender.
Bueno o tema, o da particion de home entendoo pero como podo pasar esa particion ou todos os datos para por exemplo unha memoria usb ou outro disco duro, e que esa vinculacion sexa permanente.

Gracias polas respostas.