Navegador Web en galego

1 respuesta [Último envío]
mcamel
Desconectado/a
se unió: 01/24/2010

Ola,

Cando actualizo Trisquel, a veces o navegador perde o idioma galego e pasa a estar en inglés (teño o sistema totalmente localizado en galego). Pasoume dúas veces.

Non hai forma de volver a telo en galego. A vez anterior creo que o solucionei editando os enlaces simbólicos relacionados con isto, pero esta vez non son capaz.

Desinstalalo e volver a instalalo non o arranxa, e non existe un paquete de localización ó galego para Firefox que se poida descargar (existe un diccionario e corrector ortográfico, que nada ten que ver coa localización da propia aplicación).

Uso Trisquel Awen. ¿Algún de vos pode aportar algunha idea?.

Grazas.

Un saúdo.

mcamel
Desconectado/a
se unió: 01/24/2010

Ola,

Finalmente o solucionei baixando o ficheiro 'http://vectorlinux.osuosl.org/veclinux-6.0/testing/net/firefox-langpack-gl-3.6.12-i586-1vl60.tlz' (en ftp.mozilla.org non encontrei nada parecido).

Despois de descomprimilo copiei name at domain' a '/usr/lib/firefox-3.6.12/extensions'. Reiniciei o navegador e listo.

Todo o que xa había nese directorio era do tipo name at domain'. Supoño que os tiros van por ahí...

Saúdos.