Preguntas parvas...

5 respuestas [Último envío]
Xoalde
Desconectado/a
se unió: 01/02/2007

Hola,
Son un futuro usuario de Linux, e buscando información sobre Ubuntu, atopeime con que Galicia tamén ten a súa distro, e polo que vexo, bastante completa.
Indo ó fondo do asunto:

¿Trisquel segue en desarrollo contínuo ou xa sacou a versión definitiva?
¿Cada canto tempo se ten pensado actualizar Trisquel, (se é que se vai actualizar, claro)?
A versión que tendes para baixar... ¿É un live-cd?
¿Pódese executar beryl no propio live-cd?
¿Qué programas trae consigo?¿Openoffice?¿Firefox 2.0?¿Algún xestor de correo electrónico?

Sen máis, un saúdo á comunidade dun antigo alumno de ITIIA.

Trisquel
Desconectado/a
se unió: 12/21/2004

Primeiro, gracias polo interese no proxecto. Segundo, creo que temos que ampliar a documentación sobre o proxecto, para que non sexa preciso preguntar estas cousas.

En resposta as túas preguntas:
Trisquel segue en desenvolvemento continuo, e esta a piques de publicarse a version 1.0 final.
Actualizaráse mediante prazos fixos a partires da 1.0, cada 6 meses.
Si, e un live cd instalable.
Beryl non, compiz. Pódese executar en live en sistemas que soporten aceleración 3d con drivers libres (radeon, intel...). En instalado podese executar tamén sobre nvidia e outros sistemas, con drivers privativos.
Centos. Toda a plataforma gnome -con evolution (correo), epyphany (web), abiword (editor), gnumeric (cálculo), juegos, etc-, o firefox 1.5 con algúns extras, reproductores de adio, video, television, etc. Teño que facer unha lista mais extensa do software incluido. No wiki hai unha lista dos paquetes: http://trisquel.uvigo.es/wiki/index.php/Paquetes_de_Trisguel_0.99

Saudos

Xoalde
Desconectado/a
se unió: 01/02/2007

Graciñas pola pronta resposta.

Pois sí, a verdade e que son preguntas que me xurdiron mentres leía o apartado de "características" na páxina, e non estaría de máis engadilas.

De tódalas formas, estiven dándolle voltas á cabeza sobre este asunto do Trisquel, e pregúntome ata qué punto é a distro oficial galega, explícome: seica hai varios grupos en Galicia adicados a este apasionante mundillo do Linux, e pareceume que cada unha levaba o seu propio proxecto, con boas relacións coas demáis e tal, pero cada unha ó seu, ¿equivócome?
Outra dúbida que me ven é a da administración. A verdade é que é un pouco chocante que os galegos teñamos una distro propia de linux (patrocnada pola propia Xunta) que parece que ten calidade e polo que me dis, capaz de competir con outras máis potentes coma por exemplo Ubuntu, e sen embargo, vas ó concello, á universidade, á Xunta, a tráfico... e todo todiño todo vai sobre windows, cos seus pantallazos, cos seus achaques de memoria, coas súas ralentizacións, e todos os defectos ós que estamos tan acostumados os galegos.
Penso que se a Xunta apoiou este proxecto, qué menos que mantelo non só vivo, (de verdade que me diches unha alegría có asunto de actualizalo ós seis meses) senon expandilo 1º polas distintas administracións, 2º polo entorno educativo, 3º polas empresas na medida do posible, e 4º polos usuarios (levo oindo de guadalinex dende hai anos, pero trisquel foi onte a primeira vez que o oín)

E xa para rematar, e non quero facerme aburrido, pero é a enorme curiosidade do principiante, (de tódalas formas, se me fago o pesado por favor dimo) ¿Por qué compiz e non beryl? Polo que teño visto, beryl está en contínuo proceso de desarrollo, cousa que parece que vai máis lenta en compiz. A verdade é que me empecei a interesar en linux gracias á espectacularidade do escritorio con xgl, inda que son consciente de que non pasa de ser chulería con aplicacións máis ben poucas, i estou vendo unha evolución con beryl sorprendente, xa andan có cubo semitransparente e un montón de virgalladas máis. Xa, xa, iso non son máis que chorradas gráficas, pero hai que ter en conta que entra polos ollos, é máis bonito que o que hai en Vista, e por ahí pode chegar a muuuuita xente, porque... así é cómo traballan os de microsoft, fan (con perdón) a mesma merda pero máis bonita.

En fin, de novo un saúdo, e perdón polo tocho que acabo de escribir.

Trisquel
Desconectado/a
se unió: 12/21/2004

Trisquel actualmente é a unica distribución GNU/Linux libre, de uso xeral, en galego, que teña un desenvolvemento activo, correccion de bugs entre versións, e estabilidade tecnolóxica, polo que probablemente sexa a distro de mais sona... pero non ten caracter oficial. Temos o apoio da xunta (e outros organismos) no tocante á financiación, e cabe esperar que o seu uso na administración se extenda no futuro.

Por outra parte é normal que ainda non se empregue en organismos públicos pois ainda non temos unha versión final (é cuestión de días).

Con respecto a beryl/compiz, a resposta é sinxela. Trisquel está baseado en Debian, e Debian inclue compiz, non beryl (ao menos polo momento). Como usuario podo opinar que me gusta mais compiz, pois o beryl faiseme recargado.
De todas formas, intentarei facer un paquete de beryl para Debian, e metelo no repositorio, de forma que se poda instalar con facilidade.

Saudos.

Xoalde
Desconectado/a
se unió: 01/02/2007

Bueno, pois sabendo que faltan uns días para que saia a última versión de Trisquel (Gnome), e que hai posibilidades de facer rular beryl, pola miña parte deixo a "moda-Ubuntu" e me subo ó carro da distro galega. E con tempo farei que o resto de compañeiros da oficina faga o mesmo.

Isto me leva a outro tema i é o seguinte: en principio non penso facer a migración ó 100%, e no mesmo ordenador deberán convivir Winxp e Trisquel. Me imaxino que saltará algún programiña para facer particións e tal ¿nonsí? Quizáis sería bó un pequeno tutorial para estas cousas, porque polo que sei fai falta reservar un espacio para swap, outro para \, que si leer arquivos en formato ntfs, recomendación de formato de arquivos para Trisquel... en fin, cousiñas que un novato coma mín debería saber antes de dar o gran salto hacia a liberdade :P

Ojalá no futuro Trisquel se afiance máis e máis en tódolos ámbitos.

Un saúdo e de novo moitas gracias pola túa atención.
ooo[]=:::::::>

Trisquel
Desconectado/a
se unió: 12/21/2004

En canto teñamos tempo temos que facer uns videotutoriales de uso live, instalación, e uso instalado.

Trisquel esta deseñada para ser sinxelo de usar, e ainda mais sinxelo de instalar. O instalador permite modificar as particións (usando un programa gráfico tipo partition magic) sen perder os datos. So se precisa unha partición de 3GB ou mais, e a selección do sistema de arquivos (xfs, reiser ou ext3) resulta trivial (xfs ven preseleccionado e recomendado). Durante a instalación crease un arquivo de swap, e a creación dunha (ou varias) partición de swap e optativo. Se se detecta windows, engádese a lista de arrinque automáxicamente. A lectura de ntfs faise automáticamente (a escritura tamén, pero de momento non está activada por defecto)

Saudos.