Xestor de arranque
- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
Hola:
Acabo de ponher esta distro no meu pc, anteriormente tinha Ubuntu e temporalmente gastei Debian. E moi agradable visualmente (sobre todo comparandoa con Ubuntu, jeje). Ben pois o caso e que noutra particion tenho o Podre XP para tareas do curro e para a minha sopresa non trae xestor de arranque incluido. Pensei en engadirlhe o gurb por medio do aptitude pero non sei se furrulara correctamente. ¿Alguen me pode solventar a dubida?
Um saudo dende Carcelona.
Perdona a tardanza, levo un par de dias a traballar nunha solución o
teu problema, pero non atopo ningunha que sexa realmente simple.
Actualmente Trisquel leva o selector de arranque "lilo" en lugar de
"grub" porque e moito mais sinxelo de manexar, e mais estético. O
problema e que non permite ter máis dunha distro á vez, polo menos non
de forma cómoda. O que si que permite e arricar Windows.
Se o problema é que non consegues arrincar a ubuntu ou a debian, podes
instalar grub, e con unha serie de comados, ter dito selector de
arrinque. Pero é pouco aconsellable instalar grub dende o propio sistema
co que estas a traballar. O que estou a facer, e engadir grub a
trisquel (pero non facendo que se empregue por defecto de momento) desta
maneira poderase usar o cd para instalar ou recuperar a instalación de
grub executando un so comando. Nuns dias teremos a primeira revision da
0.99 (0.99-r1), e incluirá esta mellora.
Por outra parte se o teu problema e que non te aparece Windows listado
no selector de lilo, solucionase facendo o seguinte:
engade (como root) as seguintes liñas o arquivo /etc/lilo.conf
other=/dev/sda1
label=Windows
Onde pon sda1 pon o dispositivo no que teñas instalado windows. Se non
sabes cal é, entra co navegador de disco de gnome (o nautilus) no disco
onde tes instaldo windows. O título da fiestra de nautilus indicarache
o nome do dispositivo.
Tras engadir as liñas de arriba no arquivo lilo.conf, executa (de novo
como root) o comando lilo. Se non da ningun erro, estas listo para
reiniciar, e windows aparecerá no menú. O instalador trata de atopar
Windows automáticamente, pero pode ser que fallara. Nese caso podes
axudarnos indicando a tua configuración de discos, e asi atoparemos o
erro.
Saudos.
Rubén.
- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios