drivers de fonte pechada

1 respuesta [Último envío]
yag
yag
Desconectado/a
se unió: 01/22/2007

Hola

Toda unha sorpresa -e agradable- ver que xa se estan a dalos pasos pola boa estrada do software libre.

A cuestion que quero ponher a discusion e a dos drivers de fonte pechada e o impacto que a sua ausencia poida ter na adopcion por parte do gran publico dun sistema operativo linux.

Por experiencia propria, sei que a maioria dos motivos polos que a xente non quere oir nada de instalar linux radican na (aparente) dificultade de face-las tareas as que estan acostumados a facer en windows con un rapido click do mouse. Por moito que os sistemas linux evolucionaran nos ultimos anos, hai que ter moita sorte para non ter que facer certo esforzo extra se se queren ponher a punto certas partes do sistema.

Asi, por que non incluir no Trisquel os binarios das tarxetas graficas, e da-la opcion a xente de instala-los sen ter que buscar solucions pola sua conta?

Gracinhas

Trisquel
Desconectado/a
se unió: 12/21/2004

Dende o noso punto de vista, o uso de software libre basease en principios éticos, que podense ler en GNU.org, polo que Triquel nunca incluirá software que non sexa libre na instalación por defecto.

Pero se pasamos por un momento da filosofía, e poñémonos prácticos, incluir os drivers de ati ou nvidia en Trisquel suporía una violación da licencia GNU GPL2 baixo a que se distribúe o Kernel, e que prohibe a redistribución de binarios que incluan partes non libres no seu interior.