Midi en Rosegarden

9 respuestas [Último envío]
Alonso B. Caxade
Desconectado/a
se unió: 03/26/2007

Ola,
Instalei o Rosegarden pero cada vez que o abro aparéceme este mensaxe:

Sequencer startup failed: MIDI subsystem has failed to initialize. You may continue without the sequencer, but we suggest closing Rosegarden, running "modprobe snd-seq-midi" as root, and starting Rosegarden again. If you wish to run with no sequencer by design, then use "rosegarden --nosequencer" to avoid seeing this error in the future.

Cando na teminal poño "modprobe snd-seq-midi", dime "bash: modprobe: command not found".

Algúen me pode axudar?
Gracias

Trisquel
Desconectado/a
se unió: 12/21/2004

modprobe é un comando que só pode executar o root. Proba con

sudo modprobe snd-seq-midi

Alonso B. Caxade
Desconectado/a
se unió: 03/26/2007

E logo de por iso (sudo modprobe snd-seq-midi) e o contrasinal?

Trisquel
Desconectado/a
se unió: 12/21/2004

Si, solicita o contrasinal de root.

Alonso B. Caxade
Desconectado/a
se unió: 03/26/2007

xa, e despois de introducir o contrasinal, que máis teño que poñer?

Trisquel
Desconectado/a
se unió: 12/21/2004

Pois nada mais :)
Se non mostra ningunha mensaxe é que funcionou, arrinca o Rosegarden. Para non ter que executalo cada arrinquen podes executar isto:

su
echo snd-seq-midi >> /etc/modules

Alonso B. Caxade
Desconectado/a
se unió: 03/26/2007

Gracias pola axuda. O "problema" do aviso ao abrir o programa xa desapareceu pero... sigo sen poder escoitar nada de nada, nin escoito midi, nin o escrito no editor de partituras...

Trisquel
Desconectado/a
se unió: 12/21/2004

O certo e que nunca usei midi :(
En canto teña algo de tempo probarei a facelo co timidity (é un sintetizador midi por software) e poér un hpwto no wiki.

Alonso B. Caxade
Desconectado/a
se unió: 03/26/2007

Ola,
Ainda non conseguín solucionar o do MIDI en Rosegarden :(
Tampouco atopei nada no wiki...

Gracias

Trisquel
Desconectado/a
se unió: 12/21/2004

Levamos feitas algunhas probas con sintetización midi por software, e sen ser imposible, non resulta trivial de montar. Trataremos de mellorar o soporte de midi no futuro, pero de momento creo que resulta máis sinxelo que empregues Musix, unha distribución 100% libre, en castelán, para músicos. Inclue rosegarden e o conxunto de configuracións precisas para que funcione o midi. http://musix.org.ar/