Axuda cun portatil antigo :)

6 respuestas [Último envío]
beldar
Desconectado/a
se unió: 05/27/2007

Saudos a todos!
Son Beldar un estudante de informatica da Universidade do Ourense. Queria saber si me podiades botar unha man cun pc que teño e queria actualizar algo, dentro do posibel, xa que é un pentium I con 32Mb de RAM, 2 Gb de disco duro e desgraciadamente con windows 95. O problema é que queria meterlle unha distribución linux pequena, adaptada a portatiles si puidera ser e encontrei algunhas como Damn Small Linux ou Guadalinex Mini que segun mirei estaban bastante ben ainda para ser distros pequenas.
Nembargantes non sei como facer para instalar a distro xa que o portatil só ten un lector de cd. E non hai modificacion posible na bios para que arranque co cd é non podo formatear o disco duro e instalar a distribucion de linux que queira.

Alguén ten algunha idea???

Grazas pola axuda e perdonade polo toston!! Saudos, Beldar.

Trisquel
Desconectado/a
se unió: 12/21/2004

Hmmm... trisguel 1.0 é lixeira, pero non tanto... Guadalinex mini é unha boa opción. Supoño que terá unha disqueteira, ¿non? Se non ten hai outras solucións, pero o disquete e o máis sinxelo.
Guadalinex mini 2004 ten disquetes de arrinque: http://www.guadalinex.org/modules/mydownloads/singlefile.php?cid=1&lid=92

beldar
Desconectado/a
se unió: 05/27/2007

Perdón, pero é que antes respondin donde non debia... xD... Bueno, o problema é que a bios non se pode configurar para arrancar co cd e non teño disquetera, polo tanto cada vez que arranco o pc (con windows95) non podo instalar en windows linux, evidentemente. Enton, pregunta: ¿Como fago para instalar a distro?

Grazas pola resposta ;)

Trisquel
Desconectado/a
se unió: 12/21/2004

Seguro que os rapaces de DSL teñen máis experiencia en temas parecidos, pero de todas formas estiven a buscar e loadlin parece unha boa solución. No wiki de DSL tes máis información: http://www.damnsmalllinux.org/wiki/index.php/Loadlin_Install

taurozen
Desconectado/a
se unió: 02/16/2007

Alternativamente poderías provar DeLi Linux, tamén diseñado especificamente para PC velliños, gustame mais que o DSL, mas eso non quere decir moito porque ainda usei pouco as duas distros. Podes ver mais aqui: http://www.vieiros.com/open/amosar/83/non-tires-a-vella-pc-instalalle-deli-linux

beldar
Desconectado/a
se unió: 05/27/2007

Ola! Grazas pola contestación. Ese é o problema, que só ten lector de cd, non ten disquetera enton non sei como facer para instalar a distro...Ten unha ranura lateral que non sei para que é, creo que para unha tarxeta de rede moi similar ás ranuras que ten os novos portatiles agora para meter as tarxetas que te conectan a internet por satelite(como a do anuncio de vodafone), pero en antigo claro.

Bueno, si sabes de outra posible solucion avisame. Grazas de todas formas.

Saudos.Beldar

marcos
Desconectado/a
se unió: 05/30/2007

Eu tiven instalado Damn Small Linux e íame moi ben (mellor que Guadalinex Mini e que calquera, penso que probei todalas distros lixeiras que existen).
Non sei que problema tes para instalalo desde un CD, e foi como o fixen e non tiven ningún, ¿que é exactamente o que che pasa?