saudos

Sin respuestas
xosemarcote
Desconectado/a
se unió: 12/16/2007

Saúdos a todos e todas. Acabo de instalarme o Trisquel 1.5 logo de máis de 10 anos empregando Windows.A miña máis sinceira noraboa polo traballo desenvolvido e grazas por tentar difundir un traballo tan bo. Coñecínvos no
xuventudegaliza.net do 2006 e non me decidín ate o de agora, coa nova versión.Teredes que disculpar se alguha vez fago algunha pregunta que é unha obviedade, tentarei aprender rápido.
Polo de agora non teño ningún problema importante:Non consigo conectarme a internet. Na configuración da rede sáenme dúas conexións alámbricas (eth1 e eth0), supoño que se debe porque teño dúas conexións. Cómo pode saber cal é a na que teño conectado o cable de rede? Este cable sae dun swith onde teño conectado un punto de acceso inalámbrico para o meu portátil ¿podería sair de ahí o problema?
Eu teño habilitadas as dúas conexións coas mesmas IP's, máscara de subrede e enderezo de pasarela, así como o DNS.Na pestaña de xeral teño o meu nome para o equipo e o do dominio en branco.Na pestaña de host teño mudado o localhost co meu nome coa IP da conexión.
Algunha suxerencia? Grazas por aturarme.-- Visita www.anties3.nethttp://s5.battleknight.es/index.php?loc=hire&ref=ODg1MTI=