Resumen de Trisquel-usuarios, Vol 17, Envío 6
- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
Sinto que se xenere tanto debate sobre o tema, pero é verdade que unha distro só pode funcionar se ten un certo soporte entre os usuarios.Imaxinade, eu decidinme a instalalo no PC da miña oficina. Namentres me adaptaba estaba co portátil, pero era unha solución temporal. Se non recibía axuda nas dúbidas, cómo ía continuar con Trisquel se non tiña acceso a internet? A solución foi Trisquel
1.0. Debo decir que en moitos aspectos Trisquel 1.5 está moi por riba da versión 1.0, pero o non acceso a internet é un hándicap insuperable.Defectos que me impiden traballar ao 100% coa versión 1.0:- Traballo con HD NTFS. Solucionado, pero coa
1.5 nin había que configurar.- Traballo con pdfs: Non permite imprimir páxinas alternas (pares-impares), polo que imprimir a dobre cara é un suplicio en archivos de moitas páxinas). Tampouco permite escribir en formularios. Instalei o Acrobat Reader, pero non me permite imprimir, non sei porqué.
- Recoñecemento de hardware: Teño unha multifunción HP Laserjet 3052. Imprime sen problema, pero non me recoñece o escáner. O Xsane tampouco o solucionou (na 1.5 sucede o mesmo).- Google Earth. Instalado, pero algún problema coa tarxeta gráfica fai que o mapeado parpadee.
Debo decir que teño instalado o Skype e vai de maravilla. Un tanto a favor.Agardo con impaciencia a versión 2.0. Se podo acceder a internet e me recoñece o escáner na multifunción, serei un proselitista do Trisquel, senón, terei que buscar outra distro ou renunciar e seguir co maldito Windows, deixando os experimentos para outra ocasión.
Con respecto o scanner, ¿probaches o indicado no wiki?
http://trisquel.uvigo.es/wiki/index.php/Scanner_USB
Sobre o da conexión a internet, está configurada en dous arquivos: /etc/network/interfaces e /etc/resolv.conf
Se copias ditos arquivos e configuras Trisquel 1.5 do mesmo xeito, teria que funcionar.
Sigo co mesmo problema de configuración de internet.
O curioso é que os arquivos /etc/network/interfaces e /etc/resolv.conf son iguais con Trisquel 1.0, Trisquel 1.5 e Ubuntu 7.10, pero só me funcionan na versión 1.0.
Semella problema do DNS, xa que entro no router e se poño a IP do Google accedo á páxina e ás buscas, pero cando pincho nalgún enlace, xa da erro.
Moitas veces quixen modificar o servidor DNS (192.168.1.1), pero o arquivo se auto modifica, entendo que é cousa do router.
Cál é a diferencia entre Trisquel 1.0 e 1.5 (incluso con Ubuntu 7.10) para que internet vaia na versión máis antigua e non nas máis modernas?
O problema semella que non é do router. "Googleando" atopei a solución. Trátase do ipv6. O firefox non o soporta ben nin o SO. Solución:
- No navegador do Firefoz teclear: about:config.
- Buscar a liña: network.dns.disableIPV6: false. Mudala por "True" (dobre clic)
Deshabilitar IPV6 no SO:
Como root editar /etc/modprobe.d/aliases:
Buscamos a liña entre "alias net-pf-9 x25" e "alias net-pf-ll rose", que debería ser "alias net-pf-10 ipv6. A substiuimos por:
#Deshabilitar ipv6
alias net-pf-10 ipv6 off
alias net-pf-10 off
alias ipv6 off
#Fin do deshabilitado de ipv6
Executar depmod -a (a mín non me fixo falta).
O curioso é que éstes pasos os fixen no portátil e no pc. No portátil todo vai ben, pero no pc podo navgar co Firefox, pero sigo con problemas á hora de actualizar paquetes, descargar correo electronico ou xestionar contas ftp.
A actualización automática do resolv.conf faina o NetworkManager sobre aquelas interfaces que teñan configuración automática (dhcp). Podes facer dúas cousas; deshabilitar o servicio NetworkManager configurando manualmente a ip de todas as interfaces de forma que non se use dhcp en ningun caso, ou (a recomendada) configurar o router para que serva as dns correctas.
Tanto Trisquel 1.5 coma Ubuntu (e moitas outras distros) empregan NetworkManager do mesmo xeito, asi que o mellor e arranxar o problema na raiz, que é o router.
- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios