Relacionar tablas (claves primarias e foraneas) mediante diagramas coma en access ou sql-server

3 respuestas [Último envío]
knoxville
Desconectado/a
se unió: 05/04/2008

No pg Admin do trisquel empresas non se permite a opcion de crear un diagrama de relacion de tablas parecido o que se tiña en access ou en sql server para poder crear as tablas mais rapidamente e realcionalas existe algun programa para trisquel no que se poidan crear esas relacions de forma grafica e asi non ter que estar escribindo todo o codigo SQL para relacionalas ?

Trisquel
Desconectado/a
se unió: 12/21/2004

En xestores de base de datos sql as relacións impleméntanse con claves foraneas (foreign key), pero o máis sinxelo é que empregues o OpenOffice.org Base para facelo (ten os diagramas que ti dis), e podes configuralo para que empregue postgres ou mysql coma almacén de datos.
Tes que instalar o paquete openoffice.org-sdbc-postgresql para traballar contra postgres, podes facelo no xestor de paquetes ou co comando "sudo apt-get install openoffice.org-sdbc-postgresql".

Para configurar o acceso, podes seguir este tutorial:
http://wiki.services.openoffice.org/wiki/Base/connectivity/PostgreSQL

Ignora a parte de instalar a extensión, e comeza directamente na segunda imaxe.

Lembra que openoffice.org base permiteche crear e xestionar bases de datos no seu formato nativo sen ter que configurar o acceso a postgresql.

knoxville
Desconectado/a
se unió: 05/04/2008

Con oppenoffice enton poderiase conectar ou xestionar calquera base de datos ?
Como e eso que se poden crear bases de datos no formato nativo ?
E dicir si por exemplo quixese crear unha base de datos para firebird poderia creala sin ter que instalar nada =?

Trisquel
Desconectado/a
se unió: 12/21/2004

Tal e coma access permite xestionar bases de datos no seu formato nativo (.mdb), ou ben conectarse a servidores de diversos tipos (SQLserver, oracle, etc), OpenOffice.org Base permite crear bases de datos en formato nativo (.odb) ou conectarse a servidores de todo tipo.
Se queres xestionar bases de datos de firebird, terás que instalar firebird (obviamente) e un sistema de comunicación entre este e o Openoffice.org. Existen diversos tutoriais do tema, só tes que googlear un pouco. Este enlace pode serte útil: http://wiki.services.openoffice.org/wiki/Firebird_SQL