Firefox catalán -solucionado-
- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
Observei que ao escribir no foro sublíñanse moitas palabras en roxo, ofrecendo alternativas. Correctas? non. En catalán? pot sé: dicionario=diccionari.
Desinstaléi os complementos xulrunner-ca e firefox-ca, reiniciei pero segue igual.
Se trato de quitar os paquetes -ca
, indica que ten que quitar trisquel, trisquel-base ....
Teño a instalación feita en galego (por se había dúbida)
Saúdos.
Edito:solucionado
Instalei swiftweasel, que me corrixía en inglés. Entón o descubrín.
Clic dereito dentro da caixa onde se escribe, idiomas e seleccionalo. De non estar pódese engadir dicionarios.
O que non sei é porqué non apareceu en galego de primeiras.
Relativamente solucionado. Descubriches un bug da nova versión (gracias), que arranxaremos en breve. A cadéa de diccionario de firefox é ca-ES, probablemente por ser o último paquete de idioma en configurarse durante a instalación.
Parece ser que non é un faio de Trisquel senón de Firefox (https://bugs.launchpad.net/ubuntu/+source/firefox/+bug/58017), que selecciona o primeiro diccionario da lista por orde alfabética, en vez de empregar a cadea do idioma do sistema. En calquera caso tentaremos de arranxalo.
Coma solución rápida, botón dereito no texto a correxir, e seleccionar idiomas>Galego. Editado: non me fixei en que xa o recomendabas ti.
- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios