initrd... desaparecido
- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
Foi logo o erro ao instala-lo virtualbox.
. O grub non tiña as mesmas entradas que antes e trisquel non iniciaba ... claro! desaparecera o initrd.
Copiei e peguei o initrd.
do cd. modificando a liña correspondente do grub, e funciona.
Moito me temo que esta non é a solución verdadeira.
Xa están actualizados os repositorios cos cambios feitos para a nova trisquel empresas, que inclúe virtualbox. Para instalar virtualbox en trisquel (sen o resto do contido do metapaquete trisquel-empresas) podes instalar os paquetes virtualbox-ose e virtualbox-ose-modules-2.6.24-19-generic.
O fallo do initrd débese a que virtualbox instalou incorrectamente un kernel de ubuntu (esto está arranxado, ditos kernels xa non están nos nosos repositorios), polo que para correxilo tes que instalar o paquete trisquel-kernel-image-generic. Pode que dé erros debidos a instalación incorrecta do kernel de ubuntu. Se é así, indicanos a saída da terminal na instalación do kernel de trisquel para axudarte a amañalo.
- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios