Wifi con intel 3945??

2 replies [Last post]
selbertin
Offline
Joined: 01/29/2009

Ola amigos!!
acabo de descubrir recentemente esta distribucion e a verdade eq parece moi sinxela interesante e veloz, e ademais está en Galego!!jeje
descarguei o live-cd para probala haber que tal ia,e a verdade eq case funcionou todo perfecto, agas un detalliño, non me recoñece a tarxeta wifi,xa que non atopa ningunha rede, o raro e q tiven ubuntu unha tempada e con este fucionabame,e tamen con mandriva e open suse que probei en live-cd.
algunha solucion??
moitas grazas e noraboa polo traballo!

selbertin
Offline
Joined: 01/29/2009

ah, é teño un acer aspire 5920, co botonciño aki o lado do teclado pa encendelo wifi. Perdón polas molestias!

Trisquel
Offline
Joined: 12/21/2004

As tarxetas wireless intel precisan para funcionar dun programa (un firmware) que non é software libre. A outras distribucións non lles importa meter software privativo, pero nós somos máis estritos, polo que a tarxeta non está soportada en Trisquel. Está a se comezar un proxecto para desenvolver un driver libre mediante enxeñería inversa, pero de momento recomendámoste que empregues outra tarxeta que funcione con software libre. Unha lista: http://www.fsf.org/resources/hw/net/wireless/cards.html