Sigo nas mesmas
Feliz ano a todos e a todas. Supoño que non foi o mellor momento para instalar Trisquel. Gustaríame saber, se alguén le este correo, cando voltaredes a funcionar, poruqe sigo sen internet no meu ordenador e quixera tratar de solucionar o problema o antes posible.
Tamén quixera saber como entrar na BIOS, porque tal como o facía até o de agora (Ctrl+A) xa non me vale, xa que sae unha pantalla de Trisquel e non me da opción a entrar.Un saúdo e agardo impacientemente resposta, porque a miña aposta por Linux e en particular con Trisquel me está a traer máis problemas dos que agardaba e ademáis contaba cun certo apoio para avanzar.