Lentitude con Trisguel 1.0
- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
Boas.
Teño instalado o Trisguel 1.0 nun AMD Athlon 32bit 1000 MHz, con 768 MB de memoria RAM. Fixen unha partición de 60 GB en formato ext3 e outra de 1,5 GB como swap. Por certo, non teño conexión a Internet. O problema é que, cando arrinco o Trisguel, vaime todo moi lento en pantalla: o cursor do GNOME tarda en moverse e as fiestas dos menús tardan en abrirse máis do normal. Tiven outras distribucións de Linux e non me pasaba isto. O curioso é que algunnha vez, logo de levar bastante tempo a traballar co computador e estando varios programas en execución, xa todo comeza a ir a unha velocidade normal... Pensei que se cadra ao inicio o sistema tenta conectarse a Internet e iso é o que me causa a lentitude, mais en verdade non teño nin idea. Tampouco sei se quizais o Trisguel vaia mellor con Pentium que con AMD... En fin, agradecería que alguén me axudase con isto para non ter que pasarme a outra distribución.
Tamén me gustaría saber cando sairá o Triskel (con KDE), xa que eu sempre usei ese outro escritorio e persoalmente gústame máis, aínda que hai que recoñecer que a apariencia do Trisguel está tamén moi currada :-)
Por certo, xa para rematar, atopei algunhas faltas de ortografía no Trisguel en galego (por exemplo, nalgunhas aplicacións aparece "Reproducción" en vez de "Reprodución"). Non sei se a distribución é revisada por algún equipo de normalización lingüística; de non ser así, penso que sería interesante facelo. De todas maneiras é só unha suxerencia.
Grazas por adiantado e noraboa polo voso traballo.
O da lentitude pode ser pola rede, si. Se a taboa de rutas esta mal, as aplicacións poden tardar en iniciarse, e non so aplicacións de rede. Proba a deshabilitar as tarxetas de rede. Para tentar arranxar a tua conexión a internet... ¿Cal é a saida dos comandos "sudo ifconfig -a" e "sudo route"?
A versión con kde está a ser remodelada para crear Triskel Educación ou un nome parecido. Sairá a primeira beta en breve.
Algúns programas non estan ainda traducidos, e algunhas cadeas aparecen en castelán. Tamén pode ser que algún programa fora traducido antes dos ultimos cambios na normativa.
Os comandos e non obteñen resposta porque non teño conexión a Internet no meu computador persoal. Non é que teña avariada a conexión; é que non teño conexión ;-) En todo caso, como fago para deshabilitar as tarxetas de rede?
Os comandos "sudo ifconfig" e "sudo route" non obteñen resposta porque non teño conexión a Internet no meu computador persoal. Non é que teña avariada a conexión; é que non teño conexión ;-) En todo caso, como fago para deshabilitar as tarxetas de rede?
Os comandos teñen que ter saida en calquera caso. Se non teñen, ou tardan moito en executarse, identifican un problema.
Sinto a demora na miña resposta. Estiven fóra algún tempo e non puiden acceder ao meu correo. De seguido pego a saída dos comandos e en Trisguel e tamén na outra distribución Linux que teño instalada, Kubuntu.
TRISGUEL:
neno80@Trisquel:~$ sudo ifconfig
Password:
lo Link encap: Local Loopback
inet addr: 127.0.0.1 Mask: 255.0.0.0
UP LOOPBACK RUNNING MTU:16436 Metric:1
RX packets:20 errors:0 dropped:0 overruns:0 frame:0
TX packets:20 errors:0 dropped:0 overruns:0 carrier:0
collisions:0 txqueuelen:0
RX bytes:1000 (1000.0 b) TX bytes:1000 (1000.0 b)
neno80@Trisquel:~$ sudo route
Kernel IP routing table
Destination Gateway Genmask Flags Metric Ref Use Iface
neno80@Trisquel:~$
KUBUNTU:
neno80@nacho-desktop:~$ sudo ifconfig
Password:
lo Link encap: Local Loopback
inet addr: 127.0.0.1 Mask: 255.0.0.0
UP LOOPBACK RUNNING MTU:16436 Metric:1
RX packets:0 errors:0 dropped:0 overruns:0 frame:0
TX packets:0 errors:0 dropped:0 overruns:0 carrier:0
collisions:0 txqueuelen:0
RX bytes:0 (0.0 b) TX bytes:0 (0.0 b)
neno80@nacho-desktop:~$ sudo route
Kernel IP routing table
Destination Gateway Genmask Flags Metric Ref Use Iface
neno80@nacho-desktop:~$
Grazas.
Polo que dis a rede non é a causante do fallo. Pode ser que algun dos servicios do sistema ralenticen o pc. Trisquel emprega varios sistemas de optimización, que teñen a peculiaridade de que son adaptativos, van "aprendendo", polo que nos primeiros momentos o sistema é mais lento da media, e nun par de dias é máis rapido da media. Na versión 1.5 será máis sinxelo desactivalos.
Moi ben, grazas. Si que debe ser iso, porque ultimamente xa vai un pouco máis rápido. De todas maneiras, por que no Trisguel me aparece "RX packets: 20 errors" e no Kubuntu "RX packets: 0 errors"? Outra cousa: é posíbel instalar KDE en Trisguel? Saúdos.
Os erros son porque algunha aplicación (probablemente o autoconfigurador de rede) intentou conectarse e fallou.
Pódese instalar kde, pero ata a actualización á 1.5 (estamos tendo alguns retrasos) probablemente atopes dependencias incumpridas. Disculpa as molestias.
- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios