Problemas ca tarxeta grafica no Trisquel 2.0

7 réponses [Dernière contribution]
sonsvigo
Hors ligne
A rejoint: 09/04/2008

Boas noites.

Son novo nesto do Linux, e custame entender o funcionamento del, pero os poucos vou aprendendo.

Acabo de instalar o Trisquel 2.0. Gustame, e a miña pretensión é utilizalo para a miña empresa.

O meu problema ven que necesito usar o escritorio extendido, para poder utilizar unha pantalla de terminal tpv e outra para a reproducción de información comercial dirixida os clientes.

Por algunha razón saltanme erros na instalación dos drivers oficiais para a miña tarxeta de video nvidia gforce fx5500. Xa o intentei con Terminal, mediante o Envy, etc. e non hai forma de podelo instalar.

¿Como podo facer para solucionar o problema ca miña tarxeta?. ¿Ten que ver que tampouco me funcione a tarxeta de audio integrada?, é unha Realtek AC'97.

Trisquel
Hors ligne
A rejoint: 12/21/2004

O driver libre de nvidia non ten soporte para monitores duais, e o driver "oficial" é privativo, polo que non lle damos soporte, disculpa as molestias.

En calquera caso o problema coa tarxeta de son non ten nada que ver, pero precisamos máis datos para axudarte, coma a saida do comando "lspci".

sonsvigo
Hors ligne
A rejoint: 09/04/2008

Hola,

Non sei se ten que ver que a tarxeta de audio esté integrada, pero bueno. De todolos xeitos pegovos o resultado do "lspci", a ver se vos axuda.

00:00.0 Host bridge: Intel Corporation 82865G/PE/P DRAM Controller/Host-Hub Interface (rev 02)
00:01.0 PCI bridge: Intel Corporation 82865G/PE/P PCI to AGP Controller (rev 02)
00:1d.0 USB Controller: Intel Corporation 82801EB/ER (ICH5/ICH5R) USB UHCI Controller #1 (rev 02)
00:1d.1 USB Controller: Intel Corporation 82801EB/ER (ICH5/ICH5R) USB UHCI Controller #2 (rev 02)
00:1d.2 USB Controller: Intel Corporation 82801EB/ER (ICH5/ICH5R) USB UHCI Controller #3 (rev 02)
00:1d.3 USB Controller: Intel Corporation 82801EB/ER (ICH5/ICH5R) USB UHCI Controller #4 (rev 02)
00:1d.7 USB Controller: Intel Corporation 82801EB/ER (ICH5/ICH5R) USB2 EHCI Controller (rev 02)
00:1e.0 PCI bridge: Intel Corporation 82801 PCI Bridge (rev c2)
00:1f.0 ISA bridge: Intel Corporation 82801EB/ER (ICH5/ICH5R) LPC Interface Bridge (rev 02)
00:1f.2 IDE interface: Intel Corporation 82801EB (ICH5) SATA Controller (rev 02)
00:1f.3 SMBus: Intel Corporation 82801EB/ER (ICH5/ICH5R) SMBus Controller (rev 02)
00:1f.5 Multimedia audio controller: Intel Corporation 82801EB/ER (ICH5/ICH5R) AC'97 Audio Controller (rev 02)
01:00.0 VGA compatible controller: nVidia Corporation NV34 [GeForce FX 5500] (rev a1)
02:09.0 Ethernet controller: Marvell Technology Group Ltd. 88E8001 Gigabit Ethernet Controller (rev 13)

Saudos e grazas.

Trisquel
Hors ligne
A rejoint: 12/21/2004

A tarxeta de son intel está soportada, pero nalguns casos pode dar problemas. ¿Podes acceder o control de volume ou aparece un erro dicindo que non hai dispositivos?

sonsvigo
Hors ligne
A rejoint: 09/04/2008

Hola,

Si que podo acceder o control de volume, de feito, xa cambiei todos os parametros, estirei todas as canles para ver os volumes ou posible muteados, etc.
Tamén fixen as provas de són có configurador. Este fallo de non ter son, tamén o tiña noutro pc novo utilizando ubuntu que solucionei modificando os parametros na zona de provas. E aqui é imposible.

saudos.

Trisquel
Hors ligne
A rejoint: 12/21/2004

Proba a executar (co teu usuario todo esto) "asoundconf list", o que dará unha lista de tarxetas dispoñibles. Logo executa "asoundconf set-default-card NOME_DA_TUA_TARXETA". Estes tres comandos poden ser útiles:

asoundconf reset-default-card
asoundconf set-pulseaudio
asoundconf unset-pulseaudio

sonsvigo
Hors ligne
A rejoint: 09/04/2008

Boas.
Xa fixen todos os comandos posibles, navegando incluso por paxinas de ubuntu. Tamé provei os que me recomendas, pero non quere ir.
Teño unha tarxeta pci soudblaster 128 por aki dun pc antigo, que so a utilizaba polo puerto para control midi. A Instalei e funciona perfectamente a primeria o audio. O que me mosquea e non pode solucionar o fallo ca traxeta integrada.
Se vale de algo a placa é unha Gigabyte.
GA-8IPE1000-G. Intel 865PE/ICH5/FSB800 P4 Socket478/ATX/AGP8x 4DDR400 DUAL-CH/8-Ch Audio Gbe/ 2 Sata/8 usb2.0
Eu de momento podo tirar ca pci e seguramente acabe usando un usb-midi e asi desfacerme da tarxeta, pero como me entrou o gusanillo de saber porque non me funciona.
Por certo, o que non me funciona é o audio de web, flash sobre todo, digase youtube, myspace, etc. Xa instalei o flash9 e incluso o java7 por se era fallo del, pero non hai tu tia.
Tamén ca axuda dun amigo, instalamos os drivers privativos para a tarxeta grafica.Nvidia Gforce Fx5500.

Sen máis un saúdo. E espero non dar moito a lata.

Trisquel
Hors ligne
A rejoint: 12/21/2004

Estiven buscando información sobre o problema de son, non se atopa moita pero polo que din nalgun foro (http://www.google.es/search?q=Intel+Corporation+82801EB%2FER+ubuntu&ie=utf-8&oe=utf-8&aq=t&rls=com.ubuntu:en-US:unofficial&client=firefox-a) tes que probar con tódalas posibles opcións do control de volume. Eu faría o seguinte:

Abre o xestor de volume, pulsa en preferencias, e activa tódalas casillas. Logo proba unha por unha a subir as barras de volume e activar as opcións que aparezan. Fai isto en cada un dos dispositivos listados en ficheiro > cambiar o dispositivo.

Parece ser que esa tarxeta de son funciona internamente coma dispositivo usb, polo que pode dar máis problemas do habitual.