Como demo instalo o paquete VLC (Videolan) e como "debianizo" a distro?

2 réponses [Dernière contribution]
jiga
Hors ligne
A rejoint: 12/31/2008

Hola primeiro de todo señalar que polo pouco que probei esta distro aparte do de que e 100% libre funciona bastante ben en xeral :-).

Pero hai de momento duas cousas que non me convencen:

- A primeira estou por tolear pois non topo a maneira (sen engadir repositorios alleos) de instalar o meu querido VLC.
E estraño porque topo por exemplo videolan-docs (ou algo asi) pero non topo o VLC de toda a vida.
A risco de equivocarme diria que iste paquete de soft e libre logo non sei porque non no atopo (se esta decideme como instalalo pero e raro porque noutras distros non teño tido iste problema).

- A segunda xa e mania miña :P. Non me gusta o de facer sudo con calquera usuario e quero quitarlle totalmente o sudo e ter un usuario root como deus manda.

Aproveito xa que estou escrivindovos para facer un suxerimento: deberiades ter a opción na instalación para facer unha encriptación total de todo o sistema, vamos que menos o grub o resto este encriptado e loxicamente pediravos o contrasiñal para desencriptar o arrancar como xa se fai en debian ou en fedora.

Saudos e seguide asi que ides polo bo camiño.

quidam

I am a member!

I am a translator!

Hors ligne
A rejoint: 12/22/2004

> - A primeira estou por tolear pois non topo a maneira (sen engadir repositorios alleos) de instalar o meu querido VLC.

O VLC, coma o Mplayer e outros, atópanse no repositorio multiverse de
ubuntu, repositorio do cal trisquel non colle paquetes actualmente
porque resulta demasiado traballoso facer a criba dos que son libres e
dos que non (nese repositorio son maioría os privativos). Están metidos
nese repositorio por motivos de patentes, non de libertade, polo que son
paquetes recomendables os que daremos soporte nun futuro.

> - A segunda xa e mania miña :P. Non me gusta o de facer sudo con calquera usuario e quero quitarlle totalmente o sudo e ter un usuario root como deus manda.

Esto xa se falou no foro anteriormente: para activar o usuario root so
tes que executar "sudo passwd", pero o sistema non está deseñado para
funcionar así, e atoparás problemas cos configuradores gráficos.
Recoméndote usar "sudo su" para obter unha shell de root.

> Aproveito xa que estou escrivindovos para facer un suxerimento: deberiades ter a opción na instalación para facer unha encriptación total de todo o sistema, vamos que menos o grub o resto este encriptado e loxicamente pediravos o contrasiñal para desencriptar o arrancar como xa se fai en debian ou en fedora.

É unha boa idea, e está plantexada para implementarse na seguinte
versión maior. (cifrarase só ó /home, o que é moito máis funcional,
porque o descifrado comeza o facer login no gdm, e resulta transparente
ó usuario)

_______________________________________________
Trisquel-usuarios mailing list
name at domain
http://trisquel.uvigo.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trisquel-usuarios

jiga
Hors ligne
A rejoint: 12/31/2008

Gracias (non me gusta grazas :P) pola tua pronta resposta e desculpa por non consultar antes no foro e repetir as preguntas.
Saudos.