Instalar en pc con xp e suse linux
- Vous devez vous identifier ou créer un compte pour écrire des commentaires
Hola
Resulta que no IES no que traballo temos uns pc dell que traen instalado arranque dual con windows xp e suse linux o xestor de arranque creo que o grub, cando intentas instalar o trisquel ou outro linux ubuntu, cando incias a instalación non da a opción de dividir as particións, so instalando nun disco completo cousa que non queremos xa que nos cargamos todo o disco duro, ou ben manualmente, cousa que non sei facer, se me podedes dar alguna axuda agradezco, dado que actualmente so podemos traballar con live cd o non dende o disco duro.
Un saudo
Ricardo Paredes
O instalador é capaz de cambiar automáticamente o tamaño das particións
para facer oco para Trisquel, pero se xa tes varios sistemas operativos
pode omitir esa opción, coma no teu caso.
A solución nestas ocasións é engadir un disco novo ou facer particionado
manual. Non resulta complicado, e pode facerse cambiando o tamaño das
particións sen borralas (se tedes cousas importantes fai unha copia).
Podes mandarnos capturas de pantalla e irémoste guiando paso a paso :)
_______________________________________________
Trisquel-usuarios mailing list
name at domain
http://trisquel.uvigo.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trisquel-usuarios
- Vous devez vous identifier ou créer un compte pour écrire des commentaires