ayuda para instalacion y particionamiento manual

4 réponses [Dernière contribution]
mrichin
Hors ligne
A rejoint: 10/08/2008

Ola

Cando intento instalar trisquel en ordenadore onde xa hay instalado trisquel o windows ou redhat e windows, resulta que non deixa o de cambiar o tamaño da partición, so deixa disco enteiro ou manual. Disco enteiro non interesa pois borramos o windows. A cuestión e facelo en modo manual, ainda que agora non recordo exactamente a pantalla e algo asi
aparecen varias particions, NTFs, fat 32 ext 3 swap e alguna mais

Supoño que a ext3 e a swap son a do linux antiguo y a ntfs do xp ou a fat32 non sei porque hai fat32 e NTFS a cuestión é que si borras alguna a intentas seguir adiante, dache un erro que di algo asi como que non creache o sistema de arquivo raiz a verd ade e que agora no me acordo do erro. ¿pero cal seria o precedemento a seguir para conservar o windows o eliminar o linux para poder instalar en modo manual?
Existe algún manual do asistente ainda que sexa en ingles

Ricardo

quidam

I am a member!

I am a translator!

Hors ligne
A rejoint: 12/22/2004

> ¿pero cal seria o precedemento a seguir para conservar o windows o
> eliminar o linux para poder instalar en modo manual?

Se non me equivoco xa consultaras algo parecido, e naquel momento
esquecéuseme comentar un método que pode ser o mais sinxelo nestes casos:
empregar a opción "empregar espazo libre contiguo máis grande". Este modo
de instalación creará o conxunto de particións de Trisquel no espacio non
particionado de maior tamaño (que terá que ser de máis de 4GB).

Para facer este espacio, podes empregar (antes de arrincar o instalador) o
editor de particións en "trisquel > sistema > administración > editor de
particións". No teu caso terías que eliminar as particións que desexes
substituir, e tamén podes cambiar de tamaño a de windows (recomendo facer
copia de seguridade para esto; a min nunca me fallou, pero se salta a
luz...).

Recoméndase reiniciar despois de facer o oco e antes de instalar.

_______________________________________________
Trisquel-usuarios mailing list
name at domain
http://trisquel.uvigo.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trisquel-usuarios

mrichin
Hors ligne
A rejoint: 10/08/2008

Moitas grazas pola resposta
O erro que me da o particionador é o seguinte:

Non se definiu ningun sistema de ficheiros raiz
corrixa isto no menu de particionamento

Como podo solucionar isto onde esta ese menu e como se define o sistema de ficheiros raiz

Ricardo Paredes

quidam

I am a member!

I am a translator!

Hors ligne
A rejoint: 12/22/2004

> O erro que me da o particionador é o seguinte:

¿Refireste o particionador do instalador, ou o de "trisquel > sistema >
administración > editor de particións"? Para empregar o sistema
automatizado de "espacio contiguo", tes que usar o do menú (antes de
arrincar o instalador de trisquel), e deixar un espacio sen particionar
(en gris) de 4GB ou máis.

_______________________________________________
Trisquel-usuarios mailing list
name at domain
http://trisquel.uvigo.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trisquel-usuarios

mrichin
Hors ligne
A rejoint: 10/08/2008

OLA

Refirome o particionador do instalador vou probar o outro
Richard