Non sun quen de instalalo Trisquel

17 réponses [Dernière contribution]
ghalleiras
Hors ligne
A rejoint: 02/02/2007

Ola,

Estiven probando Trisqul como live e todo vai ben.

Cando tento instalalo, todo parece ir como debe até o final, cando acepto despois de toda a instalación, apaga o PP. Acendoo outra vez, mais non aparece o lilo.

Teño instalado Win XP e Kubuntu, e o úncio que me aparece é o Grub coas entradas para Kubuntu e Win XP.

Ademais, en ningún momento da instalación aparece a instalación do xestor de arranque Lilo nin a deteccion doutros sistemas.

Por certo, dende o live CD si detecta todas as particións e HD que teño, SATA incluido, que é onde pretendo instalalo.

Trisquel
Hors ligne
A rejoint: 12/21/2004

O instalador mete o lilo no sector de arrinque do disco no que instales Trisquel. Só tes que dicirlle a tua BIOS que empregue o disco SATA para o arrinque.

ghalleiras
Hors ligne
A rejoint: 02/02/2007

E non podo meter unha liña no Grub actal que está instalado en hd0

Trisquel
Hors ligne
A rejoint: 12/21/2004

Claro que si. O kernel de trisquel atópase en /boot/vmlinuz, na partición na que o teñas instalado. Lembra engadir o /boot/initrd.splash para que funcione o bootsplash, e pásalle os seguintes parámetros o kernel: splash=silent video=vesa:mtrr

Tras copiar os arquivos nos lugares pertinentes, o arquivo menu.lst poderia levar unha entrada parecida a esta:

title Trisguel GNU/Linux 1.0
root (hd0,0)
kernel /boot/vmlinuz-2.6.18.6trisguel root=/dev/sda1
initrd /boot/initrd.splash

ghalleiras
Hors ligne
A rejoint: 02/02/2007

e pásalle os seguintes parámetros o kernel: splash=silent video=vesa:mtrr

Non sei como facer isto, donde teño que poñer estes parametros, en que arquivo, no menu.lst

Trisquel
Hors ligne
A rejoint: 12/21/2004

Certo, olvidóuseme engadir esa parte no exemplo :(
Sería algo asi:

title Trisguel GNU/Linux 1.0
root (hd0,0)
##ISTO VAI NUNHA SOA LIÑA
kernel /boot/vmlinuz-2.6.18.6trisguel root=/dev/sda1 splash=silent video=vesa:mtrr
##ISTO VAI NUNHA SOA LIÑA
initrd /boot/initrd.splash

Pero isto é só un exemplo, tal vez teñas que cambialo un chisco en función da tua configuración. Podes usar as outras entradas do menu.lst como exemplo a seguir.

Borra as liñas que din "##ISTO VAI NUNHA SOA LIÑA", engadino só para evitar confusións polos saltos de liña da web. No arquivo da lista leese ben.

ghalleiras
Hors ligne
A rejoint: 02/02/2007

Dame erro, aparece a liña da entrada a Trisquel, pero ao entrar dame erro e dime que presione unha tecla para seguir.

Deixo as entradas do menu.lst a Kubuntu e a Trisquel que teño postas. Os dous están no mesmo HD pero en diferentes particións

Kubuntu en sda5 e Trisquel en sda9 (sda6, 7 son respectivamente /home e swap de Kubuntu e sda8 é unha partición fat32 para arquivos compartidos con win xp).

## End Default Options
title Ubuntu, kernel 2.6.17-10-generic
root (hd1,4)
kernel /boot/vmlinuz-2.6.17-10-generic root=/dev/sda5 ro quiet splash
initrd /boot/initrd.img-2.6.17-10-generic
quiet
savedefault
boot

Agora poño as liñas que metin para Trisquel, pero que non van, dame error ao cargar

## Trisquel 1.0
title Trisguel GNU/Linux 1.0
root (hd1,4)
kernel /boot/vmlinuz-2.6.18.6trisguel root=/dev/sda9 splash=silent video=vesa:mtrr
initrd /boot/initrd.splash

Onde está o erro para que non me deixe entrar??

xiseme
Hors ligne
A rejoint: 01/14/2007

eu pouco sei pero probaria modificar liñas do trisquel. se o tés no sda9 debería ser

root(hd1,8) disco 8 porque grub empeza a contar dende cero 0

## Trisquel 1.0
title Trisguel GNU/Linux 1.0
root (hd1,8)
kernel /boot/vmlinuz-2.6.18.6trisguel root=/dev/sda9 splash=silent video=vesa:mtrr
initrd /boot/initrd.splash

ogallá que te sirva.

ghalleiras
Hors ligne
A rejoint: 02/02/2007

Sí eu tamén pensei que ese debería ser o problema, pero despois de o modificar, sigueme a dar o mesmo erro

ghalleiras
Hors ligne
A rejoint: 02/02/2007

Ben xa esta arreglado isto

O erro estaba nesta liña
kernel /boot/vmlinuz-2.6.18.6trisguel root=/dev/sda9

a liña correcta é esta
kernel /boot/vmlinuz root=/dev/sda9

O que pasa é que non me deixa logearme como usuario, entrei a modo de fallos e si me deixou, despois de configurar a conexión a internet manualmente, só me carga as procuras do google, pero se despois clico nun enlace non me abre a web, queda cargando a páxina até que consume o tempo de carga, isto último xa me pasou utilizandoo como live CD

Trisquel
Hors ligne
A rejoint: 12/21/2004

A liña kernel /boot/vmlinuz-2.6.18.6trisguel root=/dev/sda9 é correcta sempre que teñas o arquivo /boot/vmlinuz-2.6.18.6trisguel
O vmlinuz de trisquel atópase en /boot/vmlinuz na partición onde teñas trisquel. tes que copialo a partición /boot de kubuntu co nome vmlinuz-2.6.18.6trisguel
Trisguel non arrincará correctamente con kernel de kubuntu.

ghalleiras
Hors ligne
A rejoint: 02/02/2007

Xa pero en Trisquel, o arquivo que me aparece é /boot/vmlinuz sen máis, por iso fixen o troco, se fago o que me dis de copiar este arquivo no /boot de kubuntu, o vmlinuz que teño ahi vaise a facer vento e probablemente despois non poida entrar nin siquera en kubuntu

ghalleiras
Hors ligne
A rejoint: 02/02/2007

Bon, xa puiden entrar en Trisquel como usuario.

O problema agora esta coa conexión a internet. Detecta correctamente a tarxeta de rede, configuroa manualmente, metolle a IP e demais, DNS.....o Icewasel non carga ningunha páxina. Se fago unha busqueda no google aparece o resultado correctamente, mais despois ao lincar calquera deses enlaces non os carga.

Sabedes por que?

Trisquel
Hors ligne
A rejoint: 12/21/2004

Cal é o contido do arquivo /etc/resolv.conf?

ghalleiras
Hors ligne
A rejoint: 02/02/2007

Pois aparecen as DNS que eu metin na configuracion da tarxeta de rede eth0

nameserver 80.58.32.33
nameserver 80.58.0.97

Trisquel
Hors ligne
A rejoint: 12/21/2004

Que só funcione google e non outras páxinas e algo ben raro o0'
¿Da o firefox algun erro o non abrir a páxina?
¿Qué pasa se fas ping a unha desas páxinas?
Proba a lazar o epyphany (preme Alt+F2 ou dende a consola) e probao, a ver se fai algo diferente.
¿Qué saida da o comando route? ¿E ipconfig -a?

ghalleiras
Hors ligne
A rejoint: 02/02/2007

O epiphany dame o mesmo resultado que o Icewasel, pode buscar no google pero non abre as webs que saen nese resultado, é unha cousa moi rara.

O ifconfig -a dame a seguinte saida

alberte@trisquel:~$ sudo ifconfig -a
Password:
eth0 Link encap:Ethernet HWaddr 00:0F:EA:3A:E5:28
inet addr:192.168.1.33 Bcast:192.168.1.255 Mask:255.255.255.0
UP BROADCAST RUNNING MULTICAST MTU:1500 Metric:1
RX packets:138 errors:0 dropped:0 overruns:0 frame:0
TX packets:303 errors:0 dropped:0 overruns:0 carrier:0
collisions:0 txqueuelen:1000
RX bytes:15349 (14.9 KiB) TX bytes:32068 (31.3 KiB)
Interrupt:209

lo Link encap:Local Loopback
inet addr:127.0.0.1 Mask:255.0.0.0
UP LOOPBACK RUNNING MTU:16436 Metric:1
RX packets:8 errors:0 dropped:0 overruns:0 frame:0
TX packets:8 errors:0 dropped:0 overruns:0 carrier:0
collisions:0 txqueuelen:0
RX bytes:400 (400.0 b) TX bytes:400 (400.0 b)

ghalleiras
Hors ligne
A rejoint: 02/02/2007

Pois xa podo conectarme a internet, de feito estou en Trisquel agora mesmo.

Non me preguntedes por que agora si e antes non. O único que fixen agora, foi activar o Firestarter, nada máis.