trisguel PeME
- Vous devez vous identifier ou créer un compte pour écrire des commentaires
Instalada versión PeME en Celeron 500Mhz 128Mb partición non primaria 4GB swap 512Mb.
Arranque.
menu.list
root (hd0,0) ------------debería ser hd0,6 ??
kernel /boot/vmlinuz root=/dev/hda7 splash=silent video=vesa:mtrr vga=791
initrd /boot/initrd.splash
arranca en modo verbose indicado (en inglés) press return bla bla bla or espace bla bla or wait 30 sec for scan aparece unha taboa de aprox. 6 items formato 80x91 que creo será de modo gráfico, pregunta se quero seguir lle digo que sí -sin escoller nada- e carga en modo verbose sin máis contratempos que un asterisco vermello relativo a swap cannot avaliable?.
Desculpade que non sexa transcricion literal, non sei como capturar a saída, non sei inglés e ademais agora non estou no traballo.
Primeira cuestión: Como arranxo para arranque gráfico?
repositorios: como daban erros comentei a primeira liña de trisquel que acaba en ./ e engadin estes que viñan nunha consulta do foro para trisguel 1.0
deb http://trisquel.uvigo.es/pub/archive trisguel main contrib non-free
deb http://trisquel.uvigo.es/pub/debian testing main contrib non-fre
Resultado: 583 actualizacións ou así -pobre celeron case toda a tarde traballando-
entre elas firefox->icewasel que no menú aparecen os dous inda que con icono do debian, en "perfecto inglés" -supoño-, i eu o que quero é que esté en, perfecto ou imperfecto, pero en galego. Poderá ser? ;)
Grazas de antemán.
P.D.: Estou agora mesmo manexando a version Trisguel 1.0. Manexable, amigable .. moi ben. Nora boa polo traballo ... e o resultado. Non obstante seguirei dándovo-la matraca coa version PeME que considero unha idea prometedora e espero que para min moi útil.
Trisquel PeME está agora mesmo en beta, e tornaráse 1.0 final dentro de menos de dous meses. Ata a publicación das versións finais, non podemos dar soporte as distribucións beta, sobre todo no tema das actualizacións, mais que nada porque como versións de probas que son, os programas e tecnoloxias elixidas poden cambiar, reemplazarse, eliminarse...
Con respecto a parte técnica do principio, non sei moi ben cal é o erro, mais que nada porque Trisquel non emprega grub senon lilo. Intentaremos engadir un howto de instalación de grub o wiki en canto sexa posible.
- Vous devez vous identifier ou créer un compte pour écrire des commentaires