configuar dispositivos, onde? problema usb-wifi

3 réponses [Dernière contribution]
XoseM
Hors ligne
A rejoint: 03/01/2007

saúdos a tod@s e gracias por este traballo.

Instalei Trisquel 1.0 nun ordenador (sen problema) e intento conectalo a outro (un windows) a través dun dispositivo WIFI conectado a un porto usb.

Aparentemente detecta o dispositivo pero non podo configuralo correctamente

Esta é unha captura de pantaia coa situación (ver foto). Quizais sexa de máis axuda que todo o roio que vos solto a continuación.
visitei unha páxina (http://www.linuxcommand.org/man_pages/iwconfig8.html) onde explica moi claramente e polo miúdo o funcionamento de IWCONFIG para configurar manualmente a rede wifi. Pero tampouco fun capaz :(

Nin poñendo en modo "ad-hoc" nin deixando todo en "auto" se conecta só.

Como vedes na captura de pantaia, no configurador da rede aparece o dispositivo como activo, pero se cerro e volvo abrir o configurador aparece como "non activo". Igual que o icono de abaixo xunto ó reloxio onde tampouco me deixa entrar a configuralo.

É como se o dispositvo "non se encendese", polo que intentei buscar o Administrador de dispositivos de hardware (ou como se chame en trisquel, é un símil en windows) e non o atopo. Mirei en todos os menús pero non vexo cómo configurar o hardware¡¡ Sen embargo cando probei (no portátil) no modo LiveCD sí podía acceder a este tipo de configurarción. Busquei para executar HAL-device-configurator pero non tiven resultado ainda que aparece como instalado. ¿hai que iniciar sesión como administrador, root,... para poder ver o administrador do hardware?

SEguramente me estou extendendo demasiado pero estou empezando con Linux e creo que me pode ser útil ter ese ordenador (algo antigo) pero se non podo conectalo ó portátil de pouco me sirve (non digamos xá conectalo a internés).

REsumindo:
- cómo se administra o hardware (para "activar" correctamente o usb-wifi)
- cómo se configura CON ÉXITO o usb-wifi. Pois poñendo o nome do essid correcto e deixando DHcp (para que pille a ip automáticamente) e sen clave ningunha pois non vai.

gracias

todo o descrito anteriormente probeino tamén con "wmaster0", pero creo que o wifi-usb é o wlan0.

Trisquel
Hors ligne
A rejoint: 12/21/2004

O icono de xunto o reloxo e o nm-applet. É un applet que permite ós usuarios do grupo netdev interaccionar co daemon NetworkManager. Permite escoller unha rede inalámbrica, establecer a sua password, ou habilitar e desabilitar a rede. Pero nada máis. Resulta util, pero polo de agora todavia dista moito de ser perfecto.

Se no momento de arrincar o NetworkManager, o dispositivo wifi está enchufado, no momento que detecte unha rede, será administrada polo NetworkManager. Pero o paso previo é saber se o dispositivo wifi funciona. Podes probar isto co comando "iwlist scan". Obterás unha lista das redes dispoñibles. Se a lista está indebidamente vacía, pode ser un erro do driver.

Hal é un sistema de representación descriptiva do hardware, que de momento non ten un método de configuración manual. Trisquel está deseñado para autodetectar e configurar o hardware compatible, se a tarxeta wifi non detecta redes, probablemente o modelo de tarxeta non esté totalmente soportado, ou a antena rf pode estar apagada.

¿Que modelo de dispositivo wifi tes?

XoseM
Hors ligne
A rejoint: 03/01/2007

gracias pola axuda ;)

xa probei o iwlist e non aparece ningunha rede. Pensaba que como co iwconfig aparecen certos parámetros indicados xa supoñía que recoñecía o dispositivo wifi e tiña o driver adecuado. Por certo o aparato funciona porque usoo nun windows.

o dispositivo é de tipo usb da marca netway (da cadea Beep). Estiven mirando e un chip Ralink e necesita o driver RT73. Tentarei neste fin de semana ler un pouco máis do asunto e che consigo avanzar comentareino aquí.

saúdos

Trisquel
Hors ligne
A rejoint: 12/21/2004

Proba a executar isto como root. Se funciona, metémolo no wiki.

cd /usr/src
unp linux*
wget http://www.ralinktech.com.tw/data/RT73_Linux_STA_Drv1.0.3.6.tar.gz
unp RT73_Linux_STA_Drv1.0.3.6.tar.gz
cd RT73_Linux_STA_Drv1.0.3.6/Module
cp Makefile.6 Makefile
make
make install

Reinicia e proba. Pode que wpasupplicant non funcione. De ser asi, nm-applet detectará redes, pero non poderás configurarlas. Podes configuralas manualmente co configurador de rede de gnome. Se pasara isto, vemos como facer para parchear o wpasupplicant de forma que si funcione.