PROBLEMA CON DISCOS EN NTFS
- Vous devez vous identifier ou créer un compte pour écrire des commentaires
Ola, o meu problema e que teño os sistemas distribuidos do seguinte modo: nun disco (c:) windowsXP en NTFS, como esclavo, unha grabadora de DVD e no segundo IDE dous discos nun teño trisquel e o outro formateado en NTFS. Ben o primeiro probleme e que configurando o boot da bios , arranco trisquel o por boot D:, saime lilo e escollo entre trisquel e windows pero se escollo windows non o carga, non sei se o fallo e de lilo ou de que, gustariame que me pudesen axudar.
Ademais nopn sei que pasou co fixeiro fstab que staba desconfigurao, configureino como puiden e agora desde trisquel deixame montalos dous discos que teño en ntfs sen embargo non podo pegar ou cortar nada neles, incluso entrando como root. Como podo solucionar isto?
Grazas.
O problema do lilo é un pouco complicado de arranxar sen ter o pc diante... Depende de como mapee os discos a tua bios. Se te aconsello que probes algo o mais probable e que deixe de funcionar :(
O ntfs non se pode escribir directamente dende linux... Polo menos a configuración de Trisguel 1.0 non o ten activado pois resulta máis incómodo de acceder (non se pode acceder con nautilus salo entrando en /mnt/). Pode activarse editando o arquivo /usr/local/sbin/rebuildfstab e reiniciando.
Sustitue as liñas seguintes:
#ntfs) options="auto,user,umask=0,locale=es_ES.utf8" ;;
ntfs) options="${options},umask=0" ;;
por
ntfs) options="auto,user,umask=0,locale=es_ES.utf8" ;;
#ntfs) options="${options},umask=0" ;;
e
#rpl -q "ntfs " "ntfs-3g " $TMP >/dev/null 2>&1
por
rpl -q "ntfs " "ntfs-3g " $TMP >/dev/null 2>&1
Reinicia. Lembra que para acceder os discos NTFS a partir do cambio, tes que entrar a traves de /mnt/
Xa localicei o problema: O disco non se pechara ben en windows, e por eso non deixaba facer nada en linux, tal como se descreve aqui: http://despuesdegoogle.com/2006/09/03/disco-duro-portatil-ntfs-linux-vs-windows/
Agora, entrando como me dicias podese escreber.
Teño o mesmo problema cos discos duros externos, que xa viñan formateados como ntfs. e non cambiei o formato no seu dia porque tiña winXP: Agora que non teño mais que trisquel, podo ler todo, o que non teño é permiso de escritura. A miña pregunta é:
Se sustituo esas liñas vou poder acceder os discos no entorno gráfico ou non?
Podes acceder mediante o entorno gráfico (nautilus), pero non mediante a icona de "Computador", senon accedendo á ruta /mnt/punto_de_montaxe
Xa fixen eso, e agora podo escribir no disco onde estaba winXP... o que pasa é que o disco duro externo (ntfs) non aparece en ningún sitio...
Proba a arrincar o equipo co disco externo conectado.
Xa o fixen e segue sen aparecer. Eu onde entro é en "Computador" e en "sistema de arquivos" e en "/mnt/punto_de_montaxe" e non encontro mais que o disco onde tiña o windows e o resto das carpetas están baleiras
- Vous devez vous identifier ou créer un compte pour écrire des commentaires