Optimizar kernel de trisquel

2 réponses [Dernière contribution]
galcet
Hors ligne
A rejoint: 03/13/2007

Hola meus!

Mirade unha cousa estou intentando optimizar ao máximo o funcionamento do trisquel para poder executalo con 'soltura' nun pentimII, parando servicios, cambiando o xestor de fiestras,...;e o seguinte paso era optimizar o kernel para o meu hw en concreto, sei que un Ubuntu podes descargar un kernel xa pre.compilado para a túa arquitectura en particular, evidentemente iso en trisquel non se pode facer. Entón eu quería saber como podo recompilar o kernel para o meu sistema en concreto ou se debian ten kernels pre-compilados ao modo ubuntu.Fedellando pola rede topei con cousas pero quero tamen unha opinion vosa.
Grazas e seguimos dandolle o trisquel!!!

Trisquel
Hors ligne
A rejoint: 12/21/2004

O kernel de Trisquel está optimizado para i686 (Pentium II e superiores), pero funciona en pentium 1 e 486 (con coprocesador matemático). Podese mellorar o rendemento recompilando, pero seria conveniente desactivar o soporte para todos os drivers que non precises (os que veñen coma módulo non afectan ó rendemento).


su
cd /usr/src
unp linux*
cd linux
make menuconfig
[aqui tes que configurar o kernel]
make bzImage modules modules_install
cp arch/i386/boot/bzImage /boot/vmlinuz-2.6.18.1-opt
gedit /etc/lilo.conf
[neste punto tes que engadir unha nova entrada no lilo]
lilo
reboot

Fai todo esto con coidado, ou o sistema non arrincará.

De todos os xeitos a nova version de trisguel sairá nuns dias, e está máis optimizada ca actual. Faremos kernels optimizados para diferentes procesadores.

galcet
Hors ligne
A rejoint: 03/13/2007

Grazas vou probar haber como me vai, a verdade e que me jodería que non arrincase o sistema pero quero xogar para aprender así que -no problem- hai que correr riscos.
Por certo poderase actualizar o sistema via:: sudo apt-get dist-upgrade non si??

O tema de facer kernels pre-compilados esta xenial, porque así podense poñer en activo vellos trebellos ainda que só sexa para usalos como bancos de probas.

Saudos! Grazas!

Xa vós direi como me foi (seguro que a cago nalgo) ;-D

Aaahh e por certo grazas tamén pola prontitude en respostar.