Xestor de arranque

2 réponses [Dernière contribution]
taurozen
Hors ligne
A rejoint: 02/16/2007

Na anterior versión de Trisquel tiven moitos problemas con Lilo, xa que Ubunto usa Grub. Finalmente quedeime funcionando só con Ubuntu, nin Trisquel nin winXP funcionan. Dixéstesme que na seguinte versión iades pór Grub, pero vexo que non é así. Quero instalar Trisguel 1.5, así que a ver que me podedes contar. Saúde

lois
Hors ligne
A rejoint: 04/26/2007

Tiña a mesma esperanza que Taurozen e teño o mesmo problema.

xiseme
Hors ligne
A rejoint: 01/14/2007

Eu teño 2 discos duros con varias particións cada un. Un XP na primeira partición do primeiro disco e dúas distribucións GNU/Linux no outro disco.
No meu caso trisquel non "machaca" o grub pre-existente, porque se instala no disco 2 e o meu pc arranca desde o disco 1.
Arranco no GNU/Linux1 anterior (no caso taurozen, ubuntu), edito como root o seu /boot/grub/menu.lst engado unha nova entrada tal que así

title Trisquel Empresas GNU/Linux
root (hd1,2)
kernel /boot/vmlinuz root=/dev/hdb3 ro quiet splash video=vesa:mtrr
initrd /boot/initrd.img

donde
title-> chámao como queiras, é o nome que se ve na pantalla de selección ao arrancar o pc
root -> (núm.discoduro,núm.partición) (hdX,Y)
X número de disco físico no que está trisquel empezando desde 0: disco primeiro=hd0 , segundo=hd1
Y número da partición no que está trisquel tamén empezando desde 0
kernel-> kernel que queremos arrancar e parámetros de arranque.
/boot/wmlinuz normalmente é un enlace ao kernel en custión que sería algo como /boot/vmlinuz-2.6.22-2-686
/dev/hdb3 donde está trisquel con notación hdZN
Z-> disco duro físico primeiro,disco=a segundo.disco=b terceiro.disco=c ...
N-> número da partición no que está trisquel niste caso empezando desde 1: partic1=1, partic2=2 ..
parámetros de arranque, con/sin texto/imaxe, modo de video ...
eu teño outros pero trisquel recomenda "quiet splash video=vesa:mtrr" no /etc/lilo.conf

initrd-> dónde está o sist. de arquivos de inicio do trisquel
/boot/initrd.img normalmente é un enlace ao initrd real que sería algo como /boot/vinitrd.img-2.6.22-2-686

Se non aparece o win no grub do ubuntu (raaaroo, raaro).
De estar win na primeira partición do primeiro disco duro (o habitual); debería haber no devandito /boot/grub/menu.lst do ubuntu algo como

title Windows 95/98/NT/2000
root (hd0,0)
makeactive
chainloader +1

Ogallá sirva de axuda. Se hai algunha incorrección... pois eso, que me corrixan.

PD: Hai outro fío con grub http://trisquel.uvigo.es/gl/node/296