Buuuf outro problemilla

2 réponses [Dernière contribution]
galcet
Hors ligne
A rejoint: 03/13/2007

Non gano para problemillas estes dias... resulta que onte decidinme a instalar o trisquel 1.5 dado que como comentei noutro post deste foro no momento que instalei todas as actualizacións do trisquel 1.0 desapareceume todo.

Ben o caso e que onte o iniciar a instalación de trisquel 1.5 todo parecia ir caralludo ata que saltou o instalador nese momento a pantalla pasou a -negativo- e decir só se ve en branco en negro pero aquelo que tiña que ser negro e branco e viceversa... non sei parece que non se leva ben ca miña tarxeta gráfcia...¿? pensei que podería ser cousa da lente do lector de dvd pero se inserto calquer outro cd ou dvd con outra distro arranca ben...

Que pode pasar????

Perdón por ser tan pesado :-( pero e que como digo estes dias só atopo problemillas...

Saudos e grazas!

galcet
Hors ligne
A rejoint: 03/13/2007

Ben onte voltei probar, desta en lugar de instalalo deille a Iniciar Trisquel, pero o problema é o mesmo vese todo en negro e só se disginten algo... pero puiden ollar que me tiña un erro co Gnome e que debía iniciar de novo o xestor... a verdade non sei como arranxalo¿? sigo co pc sin funcionar... :-(

Trisquel
Hors ligne
A rejoint: 12/21/2004

O problema que comentas e ben extraño, nunca nos pasou tal. O máis probable é un fallo físico (monitor, tarxeta gráfica, cable). Qué modelo de gráfica tes?

Disculpa a tardanza.