gonzaloribadeo

Photo de gonzaloribadeo

Informations personnelles

Description

Estou en Trisquel desde o ano 2015. Son estudante de 4º da ESO en Ribadeo, eu gusto das letras (literatura, filosofía e linguas dun xeito especial) e asemade das matemáticas e a informática.

Desde que tiña 14 anos sentín unha grande afinidade co movimento do software libre, deprendín un pouco de informática e fíxenme quen de instalar Trisquel en todos os meus ordenadores, unha decisión da que nunca me arrepentín. No entanto, este curso, vinme na obriga de o deixar de empregar, a causa de imposición educativas, software incompatíbel, etc. [isto o fixen só cun ordenador, e este ano o mudarei de novo á liberdade, é dicir, Trisquel].

Nun futuro eu gustaría de me adicar á política e ao activismo, á tradución ao galego [unha lingua, que malia non ser a de meu, é da que máis gusto e a que máis domino, xunto co castelán], ou se cadra á programación. Portanto, estudarei enxeñaría informática e tradución francés-galego, probabelmente na Universidade de Vigo.

No eido das linguas podo dicir que domino totalmente ambos o galego e o castelán, e que podo entender e compor textos intermedios en inglés e francés. Este ano comezarei estudar alemán na escola de idiomas, alén de comezar con latín no colexio.

Respecto da informática... Teño que admitir que non sei programar, tentei de o deprender no verán pasado, mais non puiden; non fun capaz de entender os conceptos, e coido que sería máis beneficioso e seguro deprender cun profesor ou alguén que me puider explicar as cousas. Aínda que guste das matemáticas, a diferencia do resto de materias, non son o meu, dánseme realmente mal, apróboas con nota, mais non deprendo ren. Sempre quixen saber como programar, as diferentes linguaxes empregadas para isto, e aplicar o pensamento lóxico no meu día a día.

Penso que o software libre, esa idea de comunidade, de fraternidade, é a única coherente e vencellada coa miña ideoloxía política, o anarcomutualismo.

Estou aquí, na comunidade de Trisquel, para vos axudar, para facermos xuntos un mundo mellor, e no meu caso, coma non podo programar, depurar, nin nada diso, gustaría de traducir Trisquel, a súa páxina web, e en xeral, todo o software libre que emprego decote.

Historique

Membre depuis
9 années 29 semaines