Lanzamento de Trisquel 5.5 STS Brigantia
Enviado por david o 16 Abril, 2012 - 23:57
Chegou por fin Trisquel 5.5 STS "Brigantia"! Esta edición levounos algo de tempo extra, pero valeu a pena, xa que pese a que pasamos por un grande número de cambios en varios dos compoñentes clave, acadamos moitas melloras ao tempo que preparamos o sistema para a imminente nova edición con soporte ao longo prazo. A xeito de compensación (moitas gracias pola vosa paciencia!), e debido á importancia da seguinte versión, escomenzaremos o traballo nesta antes do habitual, máis ou menos nun mes.
Brigantia ven de constituir o maior esforzo destes oito anos, e queremos dar as grazas a toda a comunidade, aos membros asociados, aos donantes e en especial a todos os que contribuíron ao desenvolvemento.
Moitas novas tecnoloxías, a mesma experiencia de usuario
Esta versión é a primeira de Trisquel baseada en GNOME 3, GTK 3 e tamén Linux-libre 3.0.0. GNOME 3 supuxo un grande desafío, debido a que co seu deseño actual, non resulta usable para a nosa comunidade. O interface por defecto de GNOME 3 é o GNOME Shell, un programa que precisa de aceleración 3d para funcionar, dado que dependa da composición OpenGL. Lamentablemente, moitas placas gráficas a día de hoxe non contan con un controlador libre que forneca deste nivel de aceleración, polo que moitos dos usuarios que escollesen empregar estes controladores libres serían relegados a un entorno de escritorio "de emerxencias". Coidamos que de este xeito moitos usuarios poderían sentir o impulso de instalaren controladores non libres para poder empregar o novo entorno de escritorio, polo cal decidimos tomar ese entorno "alternativo" e empregalo por defecto, mellorándoo na medida do posible. Afortunadamanete, este entorno alternativo é unha implemenentación en GTK 3 do panel de GNOME 2.x, que non soamente é moi usable, e inclusive máis estable que o orixinal, se non que tamén soporta as esenciais características de accesibilidade, nas que actualmente GNOME Shell deixa moito que desexar.
Outra vantaxe de empregar este entorno "alternativo" por defecto é que puidemos empregarlo para fornecer da mesma distribución de escritorio de anteriores versións de Trisquel aos usuarios que a aprecian e esperan. Por suposto, podedes adaptala e personalizala con paneis e applets coma sempre.
Esta versión inclúe, entre moitos máis:
- Linux-libre 3.0.0
- GNOME 3.2
- Abrowser 11
- LibreOffice 3.4.4
Unha mellor accesibilidade, un proxecto mellor
Seguindo co noso compromiso coa accesibilidade, temos logrado mellorar a integración co lector de pantalla Orca e outras ferramentas de acceso universal. Non foi sinxelo, dado que se viron afectadas polos cambios nas librarías básicas, pero os resultados mereceron o esforzo. Se empregades o DVD i18n, o lector de pantalla arrinca no inicio, permitindo aos usuarios con dificultades visuais instalar Trisquel por sí mesmos, obtendo un sistema final no que o xestor de acceso tamén é accesible. Falta moito para chegar a que sexa perfecto, pero seguiremos traballando moito neste importante aspecto.
Outra mellora é que agora incluímos soporte no conxunto de paquetes preinstalados para a aceleración 3d --xa non soamente experimental-- en moitas das placas gráficas de NVIDIA, grazas ao controlador libre Nouveau. Tamén podemos anunciar que a partires de agora todos eses paquetes, e os máis de 300GB de fontes e binarios dos nosos servidores, son accesibles a través de novos mirrors oficiais en Holanda e India, grazas a Jason Self e ao KMEA Engineering college respectivamente. Moitas grazas!
Próximos eventos de Trisquel para a presentación da versión 5.5
Enviado por Khany o 16 Marzo, 2012 - 15:33Northeast GNU/Linux festival
Fomos invitados ó segundo Northeast GNU/Linux festival en Worcester -Massachusetts, USA- a cal está organizada por Jonathan Nadeau, quen axudou a mellorar a accesibilidade de Trisquel nas dúas últimas versións. Grandes nomes para un gran evento!Programa
Sábado 17 de Marzo:- 10 a.m. a 10:45 Jon "Maddog" Hall - Director executivo de Linux International
- 11 a.m. a 11:45 Jonathan Nadeau - Frostbite Media
- 12 a.m. a 12:45 Max Mether - Manager de Servizos de Formación para SkySQL
- 1 p.m. a 1:45 Ruben Rodriquez - Fundador de Trisquel
- 2 p.m. a 2:45 Dru Lavigne - Director da FreeBSD Foundation
- 3 p.m. a 3:45 John Sullivan - Director executivo da Free Software Foundation
LibrePlanet
E falando de grandes eventos, anunciaremos o lanzamento de Trisquel 5.5 Brigantia durante o LibrePlanet, a conferencia anual da FSF en Boston.Programa
A programación para Libreplanet é inmensa, mellor léaa aquí. A charla sobre o lanzamento de Trisquel será ás 11:00, o sábado 24 de marzo.- Xa dispoñíbel para escoitar e descargar dende aquí: http://trisquel.info/files/libreplanet2012-ruben.ogg
Lanzamento de Trisquel 5.0
Enviado por david o 17 Septembro, 2011 - 11:37
No que xa podemos considerar unha tradición, celebramos o Día da liberdade do software publicando Trisquel GNU/Linux 5.0 STS, a nosa última versión de nome en clave Dagda.
Hoxe lanzamos a versión estándar baseada en GNOME e a lixeira Trisquel Mini sobre LXDE. Os usuarios de Trisquel 4.5 poden actualizarse empregando a aplicación update-manager, sen necesidade de reinstalar o sistema. As implantacións avanzadas -servidores, RAID/LVM, cifradas, etc.- poden executarse mediante as imaxes netinstall. Outras dúas edicións, unha baseada en KDE e outra co entorno educativo Sugar chegarán en breve.
A edición estándar incorpora, entre moitos outros, os seguintes paquetes:
- Linux-libre 2.6.38
- GNOME 2.32
- LibreOffice 3.3.3
- Abrowser (o noso navegador web xenérico baseado en Mozilla Firefox) 6.0.2
Aproveitamos para agradecer á FSF, e ao seu interno de campañas Jonathan Nadeau por axudarnos a mellorar o soporte de accesibilidade desta edición. Entre outros cambios, o DVD internacional arrinca o sistema cun lector de pantalla activo por defecto, permitindo aos usuarios con discapacidades visuais executar e instalar o sistema sen necesidade de axuda. Este cambio será aplicado tamén á imaxe cargada nas tarxetas de membro da FSF.
Descargádeo agora, e compartídeo no voso entorno!
E lembrade, podedes axudar á continuidade deste proxecto mediante unha doación, mercando un souvenir nas nosas tendas ou facéndovos socios.
Trisquel 4.5.1 versión de actualización, agora con edicións Mini e Netinstall
Enviado por pargibay o 26 Maio, 2011 - 21:06
Logo de máis de dez mil descargas directas dende o lanzamento da versión 4.5 fai agora dous meses, publicamos unha actualización incremental incluíndo toda-las actualizacións de seguridade e correccións de erros aplicados ata a data, ao tempo que expandimos ó conxunto desta edición cos sabores Mini e Netinstall.
Algunhas das melloras inclúen un soporte mellorado de software para RAID e módems 3G, clientes fixos de transmisión de vídeo en liña, soporte para tarxetas Atheros USB-802.11N, e moitas outras actualizacións e parches de seguridade.
A edición Mini é unha actualización incremental da versión orixinal 4.0, a meirande parte dos cambios son correccións de erros e melloras estéticas. A imaxe Netinstall - que polo de agora sairá con cada versión de Trisquel - permite personalizar a instalación - dende sistemas de interface de liña de comandos mínimo, ata varias configuracións de escritorio ou servidor-, e con características avanzadas como LVM, RAID ou cifrado de disco completo entre outros moitos.
Se estás usando a versión 4.5 e tes toda-las actualizacións aplicadas xa está ao día, non é preciso facer novamente a instalación.



