Cambios na web

3 Antworten [Letzter Beitrag]
Trisquel
Offline
Beigetreten: 12/21/2004

Para acometer a instalación do xestor de bugs, e outros módulos da web que só son actualmente compatibles con Drupal 5, fixemos un downgrade dende a versión 6 que empregábamos ata o momento. Escribide neste fío do foro os erros que atopedes e os iremos arranxando.

Disculpade as molestias.

Trisquel
Offline
Beigetreten: 12/21/2004

Fixemos algúns cambios na base de datos, principalmente no foro, que estaba desordenado. Se atopades erros (comentarios no fío incorrecto, contidos ausentes...) facédeo saber.

En breve teremos funcionando o novo sistema de xestión de bugs.

Trisquel
Offline
Beigetreten: 12/21/2004

Acabamos de rematar a migración, e o sistema de xestión de bugs xa está funcionando -de momento só para os desenvolvedores, pero en breve para todos-.

Parece que hai un erro no listado do foro, o enlace ó último comentario mostra un usuario incorrecto. Intentaremos arreglalo, e se atopades máis cousas, comentádeas.

Trisquel
Offline
Beigetreten: 12/21/2004

Os comentarios xa aparecen correctamente, fixemos este script http://drupal.org/node/137458#comment-1090796 que reconstrúe a taboa node_comment_statistics.