usar moden 56k
- Anmelden oder Registrieren um Kommentare zu schreiben
Por eiqui non todos temos aceso o adsl, como podemos usar un moden usb ( robotics concretamente)para conectarnos a internet, tenteino parece que se conecta pero non teño acceso a internet. como podo facer?
Non temos un modem como o teu para facer probas, pero vou traducir un
anaco deste fio no foro de ubuntu:
http://ubuntuforums.org/showthread.php?t=930296
Comeza facendo click no icono da rede (xunto o reloxo).
Selecciona Configuración manual.
Desbloquea a fiestra, e selecciona "conexión punto a punto".
Fai click en "propiedades"
Na pestaña "Xeral",
1. Activa a conexión
2. cambia o tipo de conexión a "modem serie"
3. enche os campos cos datos do teu operador e usuario
Cambia á pestaña "Modem"
1. Cambia o porto de modem a "/dev/ttyACM0"
Esto tería que bastar, para conectarte podes facer click no icono da
rede, tería que sair un submenu para conexións punto a punto. O darlle a
conectar non aparece ningunha mensaxe de actividade, pero nunhos minutos
debería de estar conectado.
Xa nos contarás se funcionou, sorte.
_______________________________________________
Trisquel-usuarios mailing list
name at domain
http://trisquel.uvigo.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trisquel-usuarios
- Anmelden oder Registrieren um Kommentare zu schreiben